Amplíase o prazo de inscripción para o curso de Interpretación, Márketing e Novas Tecnoloxías de Turismo Natural e Cultural de Ponteceso

A dirección do curso de “Interpretación, Márketing e Novas Tecnoloxías de Turismo Natural e Cultural da Costa da Morte”, que terá lugar no Centro Cultural ( MELGA) de Ponteceso, do luns 24 a xoves 27 do presente mes de setiembre, a tido a ben en ampliar a súa inscrición ata o venres 21 ás 14,00 h.

O motivo non é outro que quedan aínda varias (3) prazas por cubrir , das 20 participacións ofertadas no curso e por descontado, desexando que algunha das persoas interesadas no mesmo, por descoido ou descoñecemento non se puideron inscribir, poidan facelo ata o fin de semana, para resolver a cota límite desexada, xa que o plazo do mesmo remataba hoxe lúns 17 as 14,00 h.

O curso está programado como unha actividade estrela, dentro da Semana do V Aniversario da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e da inauguración do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), que ao unísono, o concello de Ponteceso e as entidades devanditas, desexan celebrar este fito importante na vida museística lúdico-cultural dos pontecesanos e galegos en xeral. Non debedes de perdervos esta gran oportunidade que vos ofrecemos. Vale a pena, estamos seguros.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.