Despois de case un mes (15 outubro) da visita realizada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) dos irmáns Lagares Pérez (Manuel e Antonio), onte martes 18 do presente mes de novembro pola mañá tivemos o pracer e a honra de recibir nas nosas instalacións museísticas a tres históricos alcaldes do concello de Betanzos. A visita foi organizada por Manuel Lagares e o seu irmán Antonio que, segundo informáronme persoalmente, que lles encantaba o noso museo e que desexaban que os seus compañeiros de partido non deberían pasar sen coñecer este marabilloso museo situado en Ponteceso.
Os tres afamados visitantes que recibimos no noso pequeno museo foron durante máis de 40 anos rexedores do concello de Betanzos. Antolín Sánchez Presedo alcalde 3 anos (1983-1985) e 5 anos de concelleiro, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, deputado Parlamento de Galicia e Europeo; Manuel Lagares (repite visita guiada) alcalde durante 22 anos (1985-2003) e 24 anos de concelleiro e finalmente o alcalde Ramón (Moncho) García Vázquez 8 anos (2011-2018) e 20 anos de concelleiro. Debemos comentar que María Barral (2018-202_), actual alcaldesa, tamén estaba convidada o acto pero debido á prolongación da reunión da FEGAMP, en Santiago de Compostela, aínda que a esperamos, non foi posible desprazarse, desculpándose por iso telefonicamente, co consabido desgusto.
Con máis de tres horas de visita polas salas expositivas do MELGA foron recibidos por Ricardo Pérez e Verdes no exterior do Centro Cultural para visitar a exposición dos 11 murais de azulexos que temos no campo de xogos do centro, sobre os Xogos e Deportes Tradicionais galegos, realizados por alumnos e alumnas e profesores/as, dos diferentes centros escolares da Costa da Morte. A continuación observaron os dous vídeos do Himno do museo e o Cómic MELGA e finalmente escoitaron as explicacións referentes ás dúas salas expositivas.
O percorrido foi seguido con gran interese e curiosidade polos invitados, non deixando de encomiar a gran cantidade de pezas existentes, a distribución das vitrinas e a súa taxonomía, as explicacións do noso guía, pero sobre todo… o asombroso e marabilloso recinto visitado. Unha sorpresa marabillosa!
Finalizada a visita guiada, pasadas as 15:30 horas tanto Antolín como Moncho (pois Manuel realizárao na visita anterior) asinaron no “ Libro de Ouro” do museo, deixándonos as palabras seguintes: “Para Ricardo Pérez recoñecendo o seu magnífico Museo que nos ensina a maneira de coñecer os xogos e deporte. Exemplo dun coleccionista, con admiración e afecto” (Antolín). Ramón García escribiu. “Un pracer e asombro polo visto esta mañá. Ánimo e que isto continúe” (Moncho).
A reposición de forzas, despois da xornada lúdica realizada, foi na Pesqueira de Ponteceso e despois da entrega de obsequios publicitarios do museo e do concello, os visitantes desprazáronse ao seu destino, comprometéndose que prontamente volverán cun grupo de compañeiros e sen dúbida da alcaldesa María Barral.
Emprazados quedamos! Unha feliz velada no MELGA!


Español





Leave A Comment