Antón Cortizas visita el

O día de onte,  venres 24 de febreiro, tivemos por primeira vez a grata visita ao Museo Etnolúdico de Galicia, do tantas veces premiado escritor e profesor, ademais de gran amigo, Antón Cortizas, referente mundial coas súas obras escritas, sobre a cultura patrimonial, cultural, lúdica e inmaterial dos xogos e deportes tradicionais do noso país galaico. A visita matinal desenvolveuse aproximadamente nun par de horas, onde foi observador do inxente labor e esforzo que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o seu padroado está a levar a cabo no concello de Ponteceso, a través do MELGA, para todas as nosas xentes do mundo educativo, museístico, asociativo e persoas en xeral do noso pobo. Antón tivo tamén a oportunidade de contemplar nalgunhas das vitrinas existentes na primeira sala de xogos e deportes tradicionais galegos, a colección de pezas de “quebracabezas” doadas ao museo e confeccionadas polo mesmo, durante moitos anos, nas súas clases de pre-tecnoloxía no IES. de Canido-Ferrol  ou no seu tempo libre.

Finalmente, tivo a ben, en asinar no libro de visitas do museo dedicándonos unhas reflexivas, exquisitas e  “agarimosas” palabras:

“Porque brincar é ser, porque xogar é aprender, porque aprender é medrar, porque medrar é vivir, porque vivir é marchar, para volver ser nos ollos dous que nos sigan, porque ou MELGA é memoria, porque a memoria é semente, porque a semente é de novo voltarnos a ser ou que somos para rexurdir como seremos.

Parabens a Ricardo, ao MELGA e a cantas persoas axudaron na feitura deste museo dá memoria, dá nosa memoria máis tenra, dá nosa memoria lúdica”

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.