Apoio á cultura galega

O Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) reuniuse o pasado venres día 12 en sesión extraordinaria, co único punto da Orde do Día, para apoiar a candidatura de D. Rogelio Groba Groba para a concesión do “Premio Princesa de Asturias das Artes”

Unha vez presentada dita candidatura, polo presidente da fundación Ricardo Pérez e Verdes, a todos os membros do Padroado, chegouse á votación e por unanimidade dita candidatura foi aprobada.

Rogelio Groba natural de Guián/Ponteareas (Pontevedra), é un músico, intérprete e compositor galego que constitúe todo un referente no ámbito do ensino e da difusión e proxección da cultura musical de España. Autor de varios ensaios e libros, dedicándose exclusivamente á creatividade e composición musical. Entre os seus recoñecementos e distincións destacan: o Premio Xunta de Galicia da Cultura, Medalla Castelao e Premio Cultura Galega de Música.

Sen dubidalo, este premio sería un alto recoñecemento para unha persoa que manifestou ao longo de toda a súa vida un exhaustivo coñecemento e un profundo amor pola cultura musical, tanto para o seu recoñecemento no plano nacional, como para a difusión da súa riqueza patrimonial no exterior.

A teor do anterior, A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) a través do seu presidente e director respectivamente, manifestan o seu apoio á candidatura de D. ROGELIO GROBA GROBA para o “Premio Princesa de Asturias das Artes”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.