As Jesuitinas de A Coruña igualan en record de visitas guiadas ao colexio coruñés de Andaina

A visita que hoxe recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, foi a do colexio coruñés Fillas de Jesús, máis coñecidas como Jesuitinas. E a súa DÉCIMA ocasión en cumprir coa súa cita anual do centro escolar. A semana pasada o colexio Andaina chegara á mesma cifra (10 visitas), que os hoxe aquí presentes. Correspondeulle a visita, nesta xornada aos cursos de 2º A e 2º B de primaria, do ensino educativo infantil, en idades de 7 e 8 anos. En total medio centenar de alumnos do colexio concertado da Coruña e que viñan acompañados dos seus profesores/titores Francisco (CHISCO) Cagiao (ex alumno do noso director na Universidade da Coruña) y Lorena Roade que exercía como representante do centro e coordinadora da actividade. 

A relación existente do museo con este centro, vén de lonxe, xa que os ex-alumnos do noso director da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF-GALICIA) realizaron as súas prácticas docentes universitarias de xogos e deportes tradicionais, no propio colexio, moito antes do inicio da nosa andaina museística. Desde o ano 2017, non deixaron de visitarnos unha, dous e tres veces no ano con ciclos diferentes, aínda que como se pode supoñer, soamente ausentáronse o ano 2020 e 2021 pola pandemia. 

O grupo escolar, durante as dúas horas de percorrido polas salas do MELGA, escoitaron atentamente as explicacións do noso guía, ademais de realizar todos os xogos planificados para a sesión matutina. Moi competitivos e disciplinados que non deixaban de querer xogar, xogar e xogar. Unha xornada moi importante para todos, aínda sabendo que non conseguiron ningunha marca destacable nos xogos, nin houbo vencedor da sesión. 

A visita gustoulles tanto, que solicitaron aos seus profesores “se podían quedar e alongar ata a tarde a visita”, cuestión comprometida para os mesmos, xa que non podían modificar dita acción, e menos co problema engadido do horario do autobús. Segundo os profesores  “Sóubonos a pouco”

Por fin, este ano, puideron desenvolver unha visita guiada ao completo de ambas as salas, pois o ano anterior, non puideron visitar a segunda sala expositiva. 

Como de costume, tanto alumnos/as como profesores/as, estiveron a un gran nivel, tanto de organización, disciplina e participación.

Parabéns a todos!

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.