Balance anual 2025: Unha tempada á baixa, pero a pesar dos obstáculos adversos, o MELGA mantense como un referente museístico en Galicia

Acabamos de finalizar o ano 2025, e o noso desexo é realizar un balance anual do mesmo, ademais do que supuxo para o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e para a Fundación Ricardo Pérez y Verdes todo este exercicio museístico. Podemos considerar que, sendo un ano con moitas circunstancias adversas, por problemas estruturais que sufrimos e que iremos esmiuzando nas seguintes liñas da información presente, consideramos que contamos cuns visitantes moi adictos ao noso museo e seguiron apoiándonos en todo momento. Sempre nos queda a dúbida: que pasaría se desenvolvésemos o noso labor a xornada completa? Mesmos problemas do ano anterior pero máis engrandecidos aínda.

Os dous fitos remarcables deste ano 2025 que desexamos resaltar son, en primeiro lugar, o sumar un ano máis no noso labor museístico, xa que cumprimos o XII ANIVERSARIO, doce anos da posta en marcha do noso museo (27 de setembro de 2013) e en segundo lugar o peche do museo durante case seis meses pola falta de persoal e pola intervención cirúrxica do noso director Ricardo Pérez y Verdes e a súa consabida rehabilitación da mesma.

O MELGA protagonizou a nivel estatístico o ano máis baixo en asistencias, sobre todo en visitantes por libre ou particulares por falta de persoal, tendo que pechar todos os días laborables e na última etapa do ano as fins de semana e festivos, pero tamén, con respecto ás visitas guiadas, pola ausencia do noso guía-director en visitas guiadas.

Con estas circunstancias, podemos comentar que o 2025 tivo CATRO etapas moi diferenciadas: a PRIMEIRA ETAPA (Horario de Inverno) que corresponde desde o 1 de xaneiro ata o 9 de maio; a SEGUNDA ETAPA (Horario de Primavera) que vai desde o 10 de maio ao 30 de xuño; a TERCEIRA ETAPA (Horario de Verán) que vai desde o 01 xullo ao 30 de setembro e a CUARTA ETAPA (Horario de Outono) que vai do 01 de outubro ao 31 de decembro.

PRIMEIRA ETAPA. HORARIO DE INVERNO (01 de xaneiro ao 09 de maio)

Nesta primeira fase foi inferior aos anos anteriores, pois sabemos que os meses de xaneiro, febreiro e marzo son meses case inhábiles, debido ao comezo do curso e despois das vacacións estivais, pero se a isto temos que engadirlle que por motivos de saúde do fundador Ricardo Pérez y Verdes, debido a unha intervención cirúrxica, estivo ausente do museo por un período de recuperación importante, desde o mes de xaneiro ata maio, a participación, como se comentou, foi relevantemente baixa, pois se eliminaron as visitas guiadas e só mantivéronse as visitas por libre as fins de semana e días festivos. Hai que destacar que, con gran esforzo economicamente, por parte do Padroado da Fundación, tivo a ben contratar, para suplir e emendar o baleiro existente de persoal e director, á técnica Vanessa Casais, que xa colaborara coas nosas entidades o ano anterior.

O primeiro grupo en inaugurar este ano 2025 foi o CEIP Alfredo Brañas (Paiosaco-A Coruña). Seguíronlle a continuación: o Instituto de Estudos Bergantiñáns (Carballo-A Coruña) (1); Instituto de Estudos Bergantiñáns (Carballo-A Coruña) (2); Fogar Parroquial de Santa María e Santiago (A Coruña); ANPA O Areal EEI Fernández Varela (Pobra do Caramiñal- A Coruña), ANPA O Cruzamento de Cerceda (A Coruña), IES María Casares de Oleiros (A Coruña) e o último en pechar esta fase foi: a Asociación Lugo Patrimonio (Lugo). Durante este período visitáronnos 8 grupos, un total de 320 persoas entre centros docentes e asociacións de persoas maiores. Os grupos recibidos procedían da provincia da Coruña (Paiosaco, Carballo, A Coruña, Pobra do Caramiñal, Cerceda e Oleiros) e un da provincia de Lugo.

En canto ás visitantes por libre temos nunhas minivacacións de Entroido (1-5 de marzo) que se aproveitou para abrir a fin de semana o museo, correspondendo a estes días para visitarnos 53 persoas que nos acompañaron. As súas procedencias eran na súa maioría de Galicia (Ferrol, Ponteceso, A Coruña, Oza dos Ríos, Cee, Vigo, Zas, Vilagarcía de Arousa, Oleiros, Sada, Malpica, Lugo, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Marín, Carral, Camelle, Ourense, Cangas do Morrazo, Corme, Zas, Noia, Ares e As Pontes), doutras rexións españolas: Comunidade Valenciana (Elxe-Alacante e Valencia). Comunidade de Asturias (Xixón), Madrid (Fuenlabrada), Comunidade Castela e León (Valladolid). Ningún estranxeiro. Curiosamente, fomos gratamente sorprendidos, porque durante este período os veciños de Ponteceso superaron en moito aos seguintes visitantes, que foron da Coruña e Carballo. O total de visitantes: 320 + 53 = 373 persoas.

Ademais estivemos presentes en 13 actividades: Irmandamento entre o MELGA e o Museo do Xoguete en Medina del Campo (Valladolid); Museo do Xoguete en Fompedraza (Valladolid); Irmandamento Museo do Xoguete de Lerma (Burgos); Exposición Fundación Serralves: Xogos do Mundo (O Porto-Portugal); Entrevista en RADIO-VOZ (A Coruña): Festival de Xogos e Deportes no concello de Ames (A Coruña); Entrevista RADIO NACIONAL (Madrid); Lectura da Tese Doutoral da profesora colaboradora do museo, Manuela Vázquez Coto, na Facultade de Ciencias da Educación (Universidade da Coruña), co título «Análise etnomotriz e feminista de dous xogos tradicionais galegos practicados por mulleres: a bugalliña e o bugalliño»; Festival de Xogos e Deportes no concello de Ames (A Coruña); Entrevista Cadea SER (RADIO NORDÉS); I Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no concello de Ames (A Coruña); Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no CEIP Vila de Rutis-Culleredo e Colaboración en dúas Actividades escénicas de Ditirambo Teatro (Os Castros-A Coruña) e no Rosalía Mera (Calvo Sotelo) na Coruña, con presenza na obra teatral de Lola Roel «Cartas da Muller ausente», coa achega de xoguetes do MELGA, na coreografía do espectáculo.

En canto ás adquisicións efectuadas para os fondos da Fundación e exposición no museo, durante estes meses foron: saltarás de plástico; tipis, tótem, cabalos, frechas e arcos indios; carrozas, caravanas, dilixencias, salón, cantina, barracas vaqueiras; xoguetes de folla de lata; monicreques e marionetas; matasogras; pepitos; randeeiras en barro e madeira; escultura de barro dunha parella de namorados; soldadinos de chumbo; boliches; chifres e frautas de barro, plástico e madeira; cordas; spinner; tiracroios; figura de barro pelotari; cesta-punta; friso grego; jockey carreiras; chave grande; xogo de billar de corda e de folla de lata; etc. Máis de medio centenar (50) de pezas antigas e modernas. Pero a xoia máis valiosa foi unha «Dobre randeeira de bonecas trenzado de madeira». Fabricado en Saarbrücken en Alemaña, entre os anos 1920-30 do século pasado. Unha xoia antiga de colección! En canto a doazóns, ao noso pesar, foi negativo, é dicir, ningunha achega.

Como dato anecdótico, o día 24 de febreiro, o noso presidente-director Ricardo Pérez y Verdes, foi intervido cirurxicamente no CHUAC coruñés, para implantarlle unha prótese no seu maltreito xeonllo esquerdo, para a continuación iniciar unha longa e dolorosa rehabilitación. Por tanto, o noso guía, desde ese mesmo día, causou «baixa laboral» das súas funcións museísticas, por unha posiblemente longa tempada.

Queremos facer constar que moitas foron as persoas que nos solicitaban, telefonicamente, día e hora, para visitarnos de forma particular entre semana, pero sentíndoo moitísimo, non se puideron considerar adecuadamente como correspondía. Tamén sobre as visitas guiadas, houbo ausencias notables motivadas a que as datas reservadas, víñanlle mellor programadas nestes meses e non para máis adiante. Agradecemos a todos os grupos e particulares, polas causas consabidas, que accedesen a modificar e intercambiar as súas datas para máis adiante. Uns si puideron e outros non.

Entre os visitantes destacados ou ilustres que nos visitaron neste período temos: ao escritor Lois Diéguez; ao filósofo galego-portugués Xosé Becerra; á famosa e moi coñecida profesora de inglés coruñesa María Pilar Espada; ao historiador Adolfo de Abel Vilela; o profesor Antonio Pacoret; a arquitecta Celia Fojar; o escritor e presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns Xan Fernández Carrera e a pioneira do atletismo feminino coruñés Margarita Dans, saltadora de altura, xavelina e disco e medalla ao Mérito deportivo da Federación Galega de Atletismo.

No tema de recoñecementos, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes, fáiselles entrega do distintivo PREMIO SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos), correspondentes ao Ciclo 1 do ano 2024, pola súa reafirmación e compromiso coa calidade turística da zona da Costa da Morte. O acto tivo lugar este mércores día 09 de abril no Centro Sociocultural de Baio (Zas).

SEGUNDA ETAPA. HORARIO DE PRIMAVERA (10 de maio ao 30 de xuño)

Despois de 12 semanas (98 días) de ausencia do noso director polo museo por motivos de saúde, a súa incorporación, aínda non ao 100%, levouse a cabo o día 9 de maio, iniciándose unha nova etapa de visitas guiadas. As visitas por libre seguiron de igual maneira, pechados todos os días laborables e soamente seguiron abertas as portas as fins de semana e festivos. Segue na nosa compañía Vanessa Casais como técnica de museo e colaboradora do mesmo.

Comentamos que este novo período que se iniciaba de visitas guiadas ía ser un esforzo xigantesco para todos, xa que os grupos que tiñan as súas reservas dos meses anteriores, tiveron que pasar directamente a esta segunda etapa. O primeiro grupo en asistir ao MELGA foi o CEIP Vila de Rutis (Culleredo-A Coruña) e seguiron o Colexio Andaina (A Coruña); Colexio Andaina (A Coruña); CEIP Carnota (Carnota-A Coruña); CEIP Carnota (Carnota-A Coruña); CEIP Carnota (Carnota-A Coruña); Grupo COLAXE (Laxe-A Coruña); Grupo de Monitores de Tempo Libre da Fundación Eduardo Pondal (O Couto-Ponteceso. A Coruña); EEI De Aro (Negreira-A Coruña); CEIP Carnota (Carnota-A Coruña); CEIP Vicente Otero (Carral-A Coruña); CPI Bembibre-Val do Dubra-A Coruña; CEIP Celso Emilio Ferreiro (A Silva-Rodís Cerceda-A Coruña); IES Celanova (Ourense); CEIP Alfredo Brañas (A Laracha-A Coruña); Colexio Fillas de Jesús (Jesuitinas) A Coruña; Asociación Polaca. Grupo Polska (Santiago-Galicia); Colexio Fillas de Jesús (Jesuitinas) A Coruña; Colexio Fillas de Jesús (Jesuitinas) A Coruña; CEIP San Vicenzo (Vimianzo-A Coruña); CEIP Vicente Otero (Carral-A Coruña); CEIP Vicente Otero (Carral-A Coruña); Colexio Fillas de Jesús (Jesuitinas) A Coruña; CEIP Plurilingüe de Prácticas (Maxisterio A Coruña); CEIP Francisco Javier (A Coruña); CEIP Francisco Javier (A Coruña); CEIP Plurilingüe Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña) e o último grupo desta fase foi o Grupo COLAXE (Laxe-A Coruña).

O CENTRO DOCENTE CON MÁIS ASISTENCIAS ao MELGA foi o grupo de CEIP de Carnota con 4 visitas guiadas, seguido do Colexio privado Fillas de Jesús (Jesuitinas) da Coruña con 3 visitas. En total foron 29 grupos que maioritariamente procedían da provincia da Coruña (Culleredo, A Coruña, Carnota, Laxe, Ponteceso, Negreira, Carral, Bembibre-Val do Dubra, A Silva-Rodís-Cerceda, A Laracha, Santiago e Vimianzo) e un grupo de Celanova (Ourense). Ningún grupo das provincias de Lugo e Pontevedra. O total dos visitantes grupais ascenderon nesta curta etapa (dous meses), á cifra de 1.362 persoas.

En canto ás visitas por conta de particulares ou familias, en fins de semana e días festivos (Entroido, Semana Santa, Día dos Museos, Día das Letras Galegas e Día da Patria Galega). Durante sete (7) semanas, a asistencia ao museo foron 25 persoas en Entroido; de 172 persoas (Semana Santa), Récord superando ao ano anterior con 142 persoas; 15 persoas (Día dos Museos), 50 persoas (Día das Letras Galegas) e 57 persoas (Día da Patria Galega). Os grupos de familiares que nos visitaron procedían da provincia da Coruña (Noia, Carballo, A Coruña, Carral, As Pontes, Santiago, Ponteceso, Malpica, Arteixo, A Laracha, Baio, Culleredo e Laxe). Da provincia de Pontevedra (Tomiño, Marín e Tui). Non asisten ningún representante de Lugo nin Ourense. Doutras comunidades, soamente dúas familias da Comunidade Valenciana, unha de Santa Pola (Alacante) e outra de Castelló. En canto aos estranxeiros visítanos un matrimonio americano de Denver-Xeorxia (EE.UU). Suman en total: 319 persoas que visitaron o MELGA.

En referencia aos Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, o noso director foi convidado polo presidente da Fundación Eduardo Pondal José María Varela para realizar no Couto-Ponteceso (A Coruña), un «Festival de xogos motrices e de taboleiro tradicionais de Galicia e do mundo». Este acto estaba situado dentro das moitísimas actividades do programa do «Festiletras: Semente». Máis de 150 persoas pasaron pola praza do «Outeiriño», onde tivo lugar a gran demostración de máis de 20 xogos e deportes tradicionais galegos e 10 xogos de taboleiros do mundo. Tamén, outro ano máis, estivemos presentes no club Salgüeiro de Paderne-Betanzos (A Coruña), na que participaron no Festival máis de 250 persoas e no II Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva-Rodís-Cerceda (A Coruña). Computamos a nosa presenza nas 3 actividades programadas, un monto total próximo ás 700 persoas.

Outras actividades que se realizaron como divulgación das nosas entidades, foron nos medios de comunicación, sempre dispostos ao seu apoio e colaboración connosco. Estes destacamos: a presenza do director do MELGA no programa en directo da Televisión de Galicia «Quen anda aí» e unha entrevista en «Radio Galega» sobre o mundo dos xoguetes. Seguimos colaborando con «Ditirambo Teatro» neste caso no Auditorio Manuel María no concello de Foz, obtendo a nosa vicepresidenta da Fundación, Lola Roel, pola súa obra orixinal «Cartas da muller ausente», os galardóns de «Mellor texto orixinal» e «Mellor Posta en escena». Outra representación máis no Auditorio de Teatro de Nigrán (Pontevedra).

En representación das nosas entidades (Fundación e o MELGA), desprazáronse a Aranda de Duero (Castela e León), para participar, outro ano máis, no XI Encontro Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais Ribeira do Douro-25 e o Congreso Mundial, eventos organizados pola arandina «Asociación La Tanguilla», cuxo título levaba por nome «Xogo Tradicional e Patrimonio». En total tivemos 6 actividades presenciais. Na Radio e Televisión Arandina, da man da xornalista e moderadora Beatriz Sanz, realizouse un coloquio cuxo título era: «Os museos de xogos tradicionais, gardiáns do Patrimonio Lúdico da Humanidade». Participaron na intensa sesión matinal a directora Stela Maris Ferrarese do Museo Étnico de Neuquén (Arxentina), o coleccionista-director Eustaquio Castellano Zapater do Museo do Xoguete de Albarracín (Teruel-España), o profesor-director Carlos de la Villa Porras do Museo De Xogos Tradicionais de Aranda de Duero (Burgos-España) e o noso director-fundador Ricardo Pérez y Verdes do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso-Galicia-España.

En referencia ao apartado de adquisicións destacamos as seguintes: pelotas de goma, paracaidistas, muíños de vento, un pinball de plástico, escultura de barro: parella randeeirando, buxainas, perinolas e perindolas, anda-camiños, cubos de Rubik, coches de carreiras en miniatura etc. Foron 20 xoguetes adquiridos e 1 doazón do presidente da Federación do xogo e deporte tradicional de pelota-man canario, Juan Hernández «AUTA», de Fuerteventura (Canarias), que nos obsequiou cunha pelota mano regulamentaria, confeccionada polo mesmo. Unha etapa moi laboriosa pero… moi satisfactoria.

TERCEIRA ETAPA. HORARIO DE VERÁN (01 de xullo ao 30 de setembro)

Clausuradas as visitas guiadas o día 30 de xuño para grupos docentes e outros, o inicio do mes de xullo inaugurábanse de novo as visitas para visitantes galegos, doutras comunidades españolas, estranxeiros, asociacións, campus deportivos urbanos e rurais. Pola decisión tomada con anterioridade por parte do Padroado, continuamos as nosas actividades, como nas fases anteriores, pechado o museo de luns a venres e abertos soamente as fins de semana e festivos e tendo como dispoñibilidade para todos os usuarios todos os días da semana para visitas guiadas, sempre que o grupo fose superior ás 15 persoas.

Iniciamos o mes de xullo, pleno verán e xa tiñamos o primeiro día do mes unha primeira visita guiada. O grupo recibido era de persoas maiores do Centro de Día e Fogar Residencial da Laracha (A Coruña). A continuación seguimos co Campus Multiaventuras do Concello de Coristanco-Carballo (A Coruña); co Grupo ESPROADE de persoas maiores de Bertamiráns- Ames (A Coruña); co Grupo de ESPROADE Milladoiro-Ames (A Coruña); Campus Millenium Baloncesto (A Coruña)(1); Campus Millenium A Coruña (1) co Campus do Concello de Betanzos (A Coruña)(2); Campus Alalá e Son de Cabana de Bergantiños (A Coruña) e finalmente, de novo, co Campus Alalá e Son de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Só foron visitantes da provincia da Coruña (Coristanco, Bertamiráns-Ames, Milladoiro-Santiago, Cabana de Bergantiños e A Coruña). En total foron 9 xornadas de sesión guiada, cunha participación de 360 persoas.

Os visitantes por libre procedían en maioría de Galicia (Ames, Pontevedra, Ourense, Lugo, Santa Comba, Santiago, Arteixo, Ferrol, A Coruña, Corme, Ponteceso, Fene, Foz, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Betanzos, Bertamiráns, Milladoiro, Culleredo, Brión, Vimianzo, Carballo, Verín e Portosín). Doutras comunidades autónomas españolas a súa procedencia foi: Bilbao, Madrid, Sevilla, Zaragoza, Segovia, Burgos, Toledo, Valencia, Ponferrada, Barcelona, Cuenca e Xixón. Doutros países: Francia (Marsella), Reino Unido (York), Suíza (Berna) e Alemaña (Múnic). As visitas particulares foron 211 persoas que se achegaron a coñecer o noso museo. Total: 360 + 211 = 581 persoas.

Un verán case con cincocentas persoas, soamente con fins de semana, festivos e grupos de visitas guiadas! Que pasase de contar con todos os días da semana para visitas?

Outras participacións foron: Presenza na XXIV Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Europea de Xogos e Deportes Tradicionais e Simposium Internacional na cidade de Reus (Tarragona); asistencia no VII Encontro de Embarcacións Tradicionais en Ribeira (A Coruña) e as visitas ao Museo do Pazo de Tor, Museo do Ferrocarril e Museo das Casas de Bonecas en Monforte de Lemos (Lugo).

En canto a Festivais sobre xogos estivemos presentes, outro ano máis, no «VI Festival de xogos e Deportes Tradicionais na Idade Media: Noites do Medievo» na parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños (A Coruña); no «VIII Festival de Xogos e Deportes Tradicionais galegos», nas Festas de María Pita: Festas dos Barrios coa Asociación Urbanización Soto-IAR do Castrillón (A Coruña); Feira de antigüidades no concello de Miño (A Coruña) e na gravación no MELGA (Ponteceso) do Programa «No Foco» da Televisión de Galicia. Máis de 600 persoas pasaron polos dous festivais organizados durante este verán. En total levamos a cabo 9 actividades. Superaron, con fartura, os 2 festivais realizados no ano, máis de 500 persoas participantes.

No apartado de adquisicións temos as seguintes: 5 buxainas de madeira, 3 reclamos de caza, 2 mazas de ximnasia antigas, 50 coches de papel en miniatura, 1 par de halteres, 1 xogo de argolas, 1 buxaina xigante de madeira e 5 perinolas. En total 67 pezas adquiridas en almonedas, feiras e casas de vintage. Sobre a doazóns, sempre escasas, temos: 1 ballesta de madeira, 4 quebracabezas educativos e 3 bonecas de época dos nenos irmáns Marco e Lola Pérez e 3 xogos de construcións de madeira dos irmáns Xana e Pablo Pérez. Total 11 pezas doadas.

En referencia aos recoñecementos logrados polos nosos membros institucionais podemos destacar; outro premio máis, o Premio TEATRO FEGATEA-24, á nosa vicepresidenta Lola Roel, pola súa obra «Cartas do eu ausente», da cal o MELGA é colaborador, polos seus xoguetes prestados para a súa posta de escena.

Como final de etapa, comentamos con desgusto e malestar, xa que o día 1 de setembro PECHAMOS o museo, despois de 12 anos de apertura, sentindo moito a baixa laboral obrigada de nosa técnico-colaboradora Vanessa Casais. O motivo non foi polo seu baixo rendemento, todo o contrario, foi un exemplo de profesionalidade admirable, pero… non puido ser renovado o seu contrato, con gran pesar pola nosa banda, pola falta de recursos económicos das nosas entidades.

Por unanimidade dos membros do Padroado da Fundación RPyV, na súa última reunión, tomouse a decisión de CLAUSURAR, ata novo aviso, o MELGA para visitas libres e soamente abriríase, para todos aqueles grupos que desexasen realizar unha visita guiada, con cita previa. É dicir, pechado os días laborais, as fins de semana e festivos.

NOTA IMPORTANTE: O día 27 de setembro-25, celebramos o XII ANIVERSARIO do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), pero polos motivos máis arriba expostos, non tivemos a ocasión de conmemoralo como merecía a institución que representamos, pero a realidade inmerecida impúxose. Tristeza e desolación!

CUARTA ETAPA. HORARIO DE OUTONO (01 de outubro ao 31 de decembro)

Esta cuarta e última etapa do ano 2025, iniciouse coa mesma situación do recentemente finiquitado mes de setembro, pechado, o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso.

Ata o día 8 de outubro non se iniciaron as visitas guiadas. O primeiro grupo (moi numeroso) recibido nas nosas instalacións, foron os alumnos/as e profesoras da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Seguíronlle o CPR SET San Narciso de Marín (Pontevedra); visita dos irmáns Manuel e Antonio Lagares, exalcalde de Betanzos e exdeputado Deputación da Coruña, respectivamente; CIFP Ánxel Casal da Coruña; Asociación Amas de Casa de Ponteceso; visita presidente da Fundación LAREIRA de Cee (A Coruña); Colexio Privado British International School da Coruña; CEIP A Cristina de Carballo (A Coruña); visita cos alcaldes de Betanzos (A Coruña) Antolín Sánchez Presedo, Moncho García e Antonio Lagares; CEIP A Cristina de Carballo (A Coruña); CPR Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña); EFA A Cancela das Neves (Pontevedra) e o CPR Manuela Rial Mouzo de Cee (A Coruña). En total foron 14 grupos, que todos eles procedían de Galicia, sobre todo da Coruña (A Coruña, Betanzos, Ponteceso, Cee, e Carballo) e de Pontevedra (Marín e As Neves). O número de visitantes foi de 560 persoas. Aínda que recibimos moitas chamadas telefónicas e correos electrónicos, de persoas que desexaban informarse sobre as visitas pola súa conta, pero tivémonos que desculpar, por non poder atender as súas demandas. Unha etapa inédita, sen visitas por libre.

Como curiosidade e perplexidade ao mesmo tempo, temos que comentar que despois de 12 anos de existencia do museo, o día 21 de outubro do presente ano 2025, recibimos por PRIMEIRA VEZ a un grupo de persoas maiores de Ponteceso. Día memorable! Moitos dos asistentes, comentáronnos que nin sabían que existía un museo no noso municipio. O grupo visitante foi a Asociación de Amas de Casa de Ponteceso, cuxa presidenta é Aurora María Jorge. Incrible!

Entre outras actividades referenciamos: entrevista RADIO-VOZ; representación da obra de Lola Roel en San Andrés de Comesaña-Vigo (Pontevedra); reunión SICTED Costa da Morte no MELGA; convidado á Exposición «Colonias escolares» na Facultade de Educación da Universidade da Coruña; representación da obra de Lola Roel en Sada (A Coruña); representación da obra de Lola Roel en Valadares (Pontevedra); reunión no concello de Betanzos coa alcaldesa María Barral e os seus antecesores alcaldes Manuel Lagares, Antolín Presedo e Moncho García; entrevista RADIO-VOZ; presenza no programa en directo «LUAR» da televisión de Galicia en Teo-Santiago (A Coruña); Feira de Antigüidades de Betanzos (A Coruña); presenza no programa QUEN ANDA AÍ? da Televisión de Galicia en Ordes (A Coruña); visita e oitavo Irmandamento co Museo de Monicreques e Teatro Bufarda en Lugarín-Pola de Siero (Asturias); Visita Museo de Belas Artes cunha exposición de «pezas mestras do xoguete español:1890 a 1990» en Oviedo (Asturias); visita Roteiro de Beléns en Villaviciosa (Asturias); Feira de antigüidades e Museo Niemeyer de Avilés (Asturias) e Feira de Antigüidades en Xixón (Asturias). Foron 16 actividades en total as realizadas.

Rastrexando polas feiras de antigüidades e museos visitados, adquirimos algunhas pezas para os fondos da Fundación e ao mesmo tempo para a súa exposición no MELGA. Nesta ocasión tivemos a gran sorte EUREKA! de localizar unha gran «xoia» antiga, que sen pensalo, adquirímola. Trátase dun xoguete francés de 1920 da Marca M.J.& CIE, xogo de apostas para adultos (tamén para nenos), denominado «Jeu de Course» (Xogo de carreiras de cabalos). Tampouco faltaron pezas como: 2 ioiós gregos; 2 tamagotchi; 1 cabaliño de arrastre de metal; 1 pinball de plástico; 10 perinolas de plástico; 2 escopetas unha de plástico e outra de madeira antigas; 5 coches de carreiras en miniatura e 4 cubos diferentes de Rubik. Foron 30 as pezas adquiridas. E foron 2 os «biggeri» gregos como única doazón efectuada neste trimestre do ano-25, por Miguel Martínez de Santa Pola (Alacante). Como sempre, este é un dos apartados que con máis deficiencia contamos no museo.

Entre os visitantes ilustres e destacados temos a: os exalcaldes de Betanzos (A Coruña) Manuel Lagares Pérez (PSdeG); ao exeurodeputado Antolín Sánchez Presedo (PSdeG) e Moncho García (PSdeG); ao exdeputado e exvicepresidente económico da Deputación da Coruña Antonio Lagares (PSdeG); ás doutoras Laura Varela e Miriam Carretero, profesoras da Facultade de Educación da Universidade da Coruña e a do presidente da Fundación LAR Gonzalo Rodríguez de Cee (A Coruña).

Finalmente, desexamos constatar neste balance de 2025, que logramos unha marca excepcional, en canto a todas as informacións xornalísticas que a Fundación Ricardo Pérez y Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e os seus membros directivos, estiveron presentes nos medios de comunicación tanto escrita, oral ou televisiva, logrando a cifra de 800 comunicacións nestes doce anos e rematando con esta presente, as 845 notificacións. Como sempre, outro ano máis, grazas, grazas e máis grazas a todos os medios de información, aos xornalistas, presentadores, técnicos, etc. polo excelente traballo que realizades en favor do noso Patrimonio Lúdico, Cultural e Inmaterial de Galicia.

Inmensa gratitude tamén, de parte do noso presidente-director-guía Ricardo Pérez y Verdes, para todas aquelas persoas que non deixaron de interesarse, día a día, da súa pronta recuperación da súa intervención cirúrxica e rehabilitación.

COMO RESUMO FINAL DEBEMOS DESTACAR O SEGUINTE:

  • Un ano á BAIXA por motivos puntuais circunstanciais que sufrimos. Por tales causas, as actividades realizadas neste recentemente finiquitado 2025 foron establecidas en CATRO etapas estacionais, para a súa mellor adecuación.
  • Os motivos causantes da nosa baixada de visitantes foron tres entre outras moitas: a consabida falta de persoal, a intervención cirúrxica do guía-director Ricardo Pérez y Verdes, a baixa de nosa técnico contratada e o non poder realizar todas as actividades en datas seleccionadas polos grupos, por atoparnos pechados case seis meses do ano.
  • De todas as maneiras, non nos atopamos satisfeitos, pero foron 54 sesións de VISITAS GUIADAS con docentes, especiais e institucionais, cun total de 2.602 persoas e 583 os VISITANTES POR LIBRE ou pola súa conta. En total foron máis de 3.000 (3.185) persoas que nos visitaron.
  • A gran insatisfacción foi pasar de bater a «marca» de visitantes, establecido do ano anterior 2024 con 6.523 persoas, pasamos a 3.185 persoas deste ano-25. Das 91 xornadas de visitas guiadas, pasamos ás 54 e de visitas libres de 1.088 pasamos a 583 persoas. É dicir un 60,50 % menos de visitantes.
  • Da Comunidade Autónoma de Galicia a súa maior participación foi a provincia da Coruña (80%), seguida da provincia de Pontevedra (10%), Lugo (5%) e Ourense (5%). O Podio confórmano en primeiro lugar a cidade da Coruña, en segundo lugar o concello de Carballo e en terceiro posto Santiago de Compostela.
  • O CENTRO DOCENTE CON MÁIS ASISTENCIAS ao MELGA foi o grupo de CEIP de Carnota con 4 visitas guiadas, seguido do Colexio privado Fillas de Jesús (Jesuitinas) da Coruña con 3 visitas e en terceiro lugar CEIP A Cristina de Carballo (A Coruña).
  • Dos visitantes que se achegaron ao museo, na súa maioría, foron da nosa Comunidade Autónoma de Galicia (85%) e un 15 % foráneos (10% outras comunidades e 5 % outros países).
  • Os visitantes que definen os tres postos de honra en canto a outras comunidades españolas son: Madrid, Asturias e Estremadura. E sobre os países estranxeiros, escasos nesta ocasión, foron 15 turistas de EE.UU. Inglaterra, Francia e Alemaña.
  • En total foron 87 ACTIVIDADES EN XERAL realizas neste tempada polo MELGA.
  • Nos FESTIVAIS DE XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS organizados, que foron 7 en total, gozamos dos mesmos, máis aló das 1.000 persoas. O primeiro foi na Fundación Eduardo Pondal convidados por Xosé María Varela para realizar no Couto-Ponteceso un «Festival de xogos motrices e de taboleiro tradicionais de Galicia e do mundo». Este acto estaba situado dentro das moitísimas actividades do programa do «Festiletras: Semente». Máis de 150 persoas pasaron pola praza do «Outeiriño», onde tivo lugar a gran demostración de máis de 20 xogos e deportes tradicionais galegos e 10 xogos de taboleiros do mundo. O segundo, estivemos presentes no club Salgüeiro de Paderne-Betanzos (A Coruña), na que participaron no Festival máis de 250 persoas. O terceiro foi no «VI Festival de xogos e Deportes Tradicionais na Idade Media: Noites do Medievo» na parroquia de Riobó (Cabana de Bergantiños (A Coruña) con 300 persoas e o cuarto e último foi, no «VIII Festival de Xogos e Deportes Tradicionais galegos», nas Festas de María Pita: Festas dos Barrios coa Asociación Urbanización Soto-IAR do Castrillón (A Coruña), cunha participación de máis de 300 persoas. O quinto Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no concello de Ames (A Coruña) (200 persoas participantes); o sexto Festival de Xogos e Deportes Tradicionais foi no CEIP Vila de Rutis-Culleredo (A Coruña) (500 alumnos/as) ; o sétimo e último foi o II Festival de Xogos e Deportes Tradicionais no CEIP Celso Emilio Ferreiro da Silva-Rodís-Cerceda (A Coruña) (300 alumnos/as). Contabilizamos a nosa presenza nas 7 actividades programadas, un monto total superior ás 2.000 persoas.
  • Este ano NON realizamos ningún RETO ou CONCURSO competitivo sobre deportes tradicionais galegos ou modernos.
  • No período estival tiveron presenza no museo en Ponteceso, 10 CAMPUS DEPORTIVOS Urbanos e Rurais, de diferentes federacións, asociacións, clubs deportivos, que realizan cada ano dentro dos seus cursos de verán, esta actividade lúdica.
  • Por primeira vez, realizamos unha nova incursión no mundo das Artes Escénicas, xa que o MELGA estivo presente na obra da nosa vicepresidenta do Padroado, Lola Roel, na súa última obra de teatro «Cartas do eu ausente». A metade do escenario atopábase decorado con diferentes xoguetes do noso museo, representando unha habitación infantil. As representacións realizadas foron en: Centro Cívico Os Castros (A Coruña); Ágora (A Coruña); Auditorio Rosalía Mera (A Coruña); Auditorio do concello de Foz (Lugo); Auditorio do concello de Nigrán (Pontevedra); Centro Veciñal e Cultural Valadares (Pontevedra); O centro SVCD Nautilus de San Andrés de Comesaña (Vigo-Pontevedra) e Centro Cultural de Sada (A Coruña). Ata o momento foron 8 actuacións neste ano. Seguro que continuaremos o próximo ano 2026 con máis representacións. Unha experiencia moi positiva.
  • As DOAZÓNS de pezas para o fondo da Fundación en total 4 persoas que en total fan un total de 14 pezas. Foron: 1 ballesta de madeira, 4 quebracabezas educativos e 3 bonecas de época dos irmáns Marco e Lola Pérez e 3 xogos de construcións de madeira dos irmáns Xana e Pablo Pérez; 2 «Biggeri» gregos doados por Miguel Martínez de Santa Pola (Alacante); 1 pelota-man de coiro, confeccionada por el) do presidente da Federación do Xogo e Deporte Tradicionais Canario, Juan Hernández «AUTA», de Fuerteventura (Canarias). Esta sección é sempre escasísima.
  • As ADQUISICIÓNS foron algo máis dun centenar e medio de pezas (167) para engrosar os nosos fondos expositivos. Non faltaron os ioiós, as buxainas, perinolas e perindolas, boliches, coches en miniatura, xoguetes de folla de lata, escopetas de madeira e plástico, canicas, chapas, bonecas, birlos, coches de pedais, etc. Pero as dúas «xoias» importantes deste ano corresponden a: unha «Dobre randeeira de bonecas trenzado de madeira», fabricado en Saarbrücken en Alemaña, entre os anos 1920-30 do século pasado e a outra «reliquia» localizada e adquirida, foi un xoguete francés de apostas para adultos (tamén para nenos), creado cara ao ano 1920, da Marca M.J.& CIE, denominado «Jeu de Course» (Xogo de carreiras de cabalos).
  • Realizamos 4 IRMANDAMENTOS: co Museo Ricordi do Xoguete de Medina del Campo (Valladolid); Museo do Xoguete de Fompedraza (Valladolid); Museo do Xoguete de Lerma (Burgos) e Museo Taller de Monicreques e Teatro Bufarda (Lugarín-Pola de Siero (Asturias). Xa son na actualidade oito irmandamentos con outros museos españois.
  • Entre os ILUSTRES VISITANTES atópanse; ao escritor Lois Diéguez; ao filósofo galego-portugués Xosé Becerra; a famosa e moi coñecida profesora de inglés coruñesa María Pilar Espada; ao historiador Adolfo de Abel Vilela; o profesor Antonio Pacoret; a arquitecta Celia Fojar; o escritor e presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns Xan Fernández Carrera e a pioneira do atletismo feminino coruñés Margarita Dans, saltadora de altura, xavelina e disco e medalla ao Mérito deportivo da Federación Galega de Atletismo; os exalcaldes de Betanzos (A Coruña) Manuel Lagares Pérez (PSdeG); ao exeurodeputado Antolín Sánchez Presedo (PSdeG) e Moncho García (PSdeG); ao exdeputado e exvicepresidente económico da Deputación da Coruña Antonio Lagares (PSdeG); ás doutoras Laura Varela e Miriam Carretero, profesoras da Facultade de Educación da Universidade da Coruña e a do presidente da Fundación LAR Gonzalo Rodríguez de Cee (A Coruña). En total foron 15 personalidades do mundo intelectual, político, educacional, enxeñeiros, arquitectos e como non, deportistas. Por suposto, todos eles deixaron plasmadas os seus pensamentos por escrito, no «Libro de Ouro» do museo.
  • Con curiosidade e perplexidade ao mesmo tempo, temos que comentar que despois de 12 anos de existencia do museo, o día 21 de outubro do presente ano 2025, recibimos por PRIMEIRA VEZ a un grupo de persoas maiores de Ponteceso. da Asociación de Amas de Casa de Ponteceso, cuxa presidenta é Aurora María Jorge. Incrible, moitas das persoas, descoñecían que houbese un museo no seu concello.
  • Como dato anecdótico, o día 24 de febreiro, o noso presidente-director Ricardo Pérez y Verdes, foi intervido cirurxicamente no CHUAC coruñés, para implantarlle unha prótese no seu maltreito xeonllo esquerdo, para a continuación iniciar unha longa e dolorosa rehabilitación. Por tanto, o noso guía, desde ese mesmo día, causou «baixa laboral» das súas funcións museísticas, por unha posiblemente longa tempada.
  • A nosa PRESENZA INTERNACIONAL (Fundación e o MELGA), estivemos en Aranda de Duero (Castela e León), para participar, outro ano máis, no XI Encontro Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais Ribeira do Douro-25 e o Congreso Mundial, eventos organizados pola arandina «Asociación La Tanguilla», cuxo título levaba por nome «Xogo Tradicional e Patrimonio»; presenza na XXIV Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Europea de Xogos e Deportes Tradicionais e Simposium Internacional na cidade catalá de Reus (Tarragona); asistencia ao VII Encontro Internacional de Embarcacións Tradicionais en Ribeira (A Coruña) e presenza na Exposición Fundación Serralves: Xogos do Mundo (O Porto-Portugal). Foron 4 comparecencias internacionais.
  • En referencia aos RECOÑECEMENTOS logrados polos nosos membros e institucionais, podemos destacar; o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Fundación Ricardo Pérez y Verdes, fáiselles entrega do distintivo PREMIO SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos), correspondentes ao Ciclo 1 do ano 2024, pola súa reafirmación e compromiso coa calidade turística da zona da Costa da Morte, O acto tivo lugar este mércores día 09 de abril no Centro Sociocultural de Baio (ZAS); o Premio TEATRO FEGATEA-24, á nosa vicepresidenta Lola Roel, pola súa obra «Cartas do eu ausente», da cal o MELGA é colaborador, polos seus xoguetes prestados para a súa posta de escena. Pola mesma obra, foi galardoada con «A mellor obra orixinal» e «Posta en escena» no festival Nacional do concello de Foz. A nosa colaboradora e profesora do museo, durante todos estes anos, fixo a súa Lectura de Tese Doutoral da profesora colaboradora do museo, Manuela Vázquez Coto, na Facultade de Ciencias Educación (Universidade da Coruña), co título «Análise etnomotriz e feminista de dous xogos tradicionais galegos practicados por mulleres: a bugalliña e o bugalliño»; obtendo a máxima cualificación de «cum laude» polo Tribunal cualificador. Unha nova doutora.
  • Participamos nos MEDIOS DE COMUNICACIÓN, en 8 programas de TELEVISIÓN a saber; 2 ocasións en Quen anda aí, un en «Luar» e «No foco», Televisión Arandina, Televisión Reus e TV3 Cataluña. Entrevistas na RADIO en 9 ocasións: 3 en Radio-Voz, en Radio Nacional, unha Cadea SER-Radio Nordés, Radio Galega e Radio Coruña, Radio Reus e Catalunya Ràdio. Apuntas na PRENSA ESCRITA un total de 62 veces, que triplicados polos tres periódicos galegos «O Diario de Bergantiños», «El Correo Gallego» e a «Voz de Galicia», foron 186 noticias divulgadas das nosas entidades. En total foron 11 medios entre radio e televisión e 62 (186) en prensa escrita, fan un total de preto das 200 presenzas nas mass media.
  • Seguimos outro ano máis, co cartel de PECHADO as instalacións, para visitas libres ou pola súa conta, engadindo tamén neste curso, as fins de semana e festivos, deixando en exclusividade as visitas guiadas, durante todas as semanas do ano, para grupos cuxos compoñentes superen as quince persoas. Como é de supoñer, esta situación de falta de persoal, manterase de maneira indefinido mentres non se solucione dita anomalía. En total estivemos SEIS meses, case sen actividades.
  • Cumprimos este ano de 2025, o XII ANIVERSARIO da nosa existencia como Fundación Ricardo Pérez y Verdes e Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Ao noso pesar, polas circunstancias relatadas anteriormente, non se puido conmemorar devandito acto como se merecía.

Podemos informar que os eixos do noso traballo, segue sendo como de costume, aínda que con moitas dificultades e molestias, na súa maioría na reestruturación e ordenación do propio museo, mantemento do mesmo, difusión entre os medios de comunicación, os festivais de xogos tradicionais e sobre todo á adquisición de pezas para o museo, pola maioría dos anticuarios do noso país España e o mundo, para engrandecer cada día máis o noso museo, aínda que este ano polas circunstancias que todos coñecemos non foron levadas a cabo moitas delas.

Por tanto quixésemos finalizar este BALANCE ANUAL 2025 apuntando coa mesma frase que comentamos nestes tres últimos anos, é dicir, cos datos na man, auténticos e fidedignos, como así son, se rescatásemos os días da semana, pechados tamén as fins de semana e festivos e a ausencia do noso director por problemas de saúde e tivésemos persoal, teriamos que dicir co noso pesar: «Fixemos o que puidemos, con esforzo e dedicación, aínda que podería ser excelente». Estamos seguros, que nos atopariamos neste momento, felicitándonos polo período mais satisfactorio que o que tivemos. frutífero e convencidos que fose a tempada diferente. Aínda que levamos pedíndoo varios anos, que a solución chegue a bo termo, pois que non quede outra e aí vai, …pedimos que o ano 2026 tráianos finalmente a estabilidade e sustentabilidade para a nosa institución museística.

Grazas a todos vós, pola vosa lealdade incondicional de colaboración e apoio á nosa modesta institución o MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.