O centro escolar privado do British International School da Coruña, regresa a unha visita guiada ao noso museo, hoxe martes día 11 do presente mes de novembro-25. A visita corresponde á súa sétima participación a través dos doce anos da nosa andaina museística, podendo dicir, que é un “fixo” de cada tempada, por estas mesmas datas, en chegar á vila de Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), ano tras ano, aínda que o ano pasado 2024 por circunstancias de axenda non puideron asistir á mesma.

O grupo compoñíano alumnos e alumnas de 2º de ensino infantil (4 anos) e viñan acompañados polas súas profesoras-titoras Nicola Jeken, Marine Chartier, Gyangi Matvani e Alison Moore que representaba ao grupo e organizadora da actividade extraescolar. En total foron preto de medio centenar (47) de visitantes entre docentes e discentes.
Recibida a expedición no exterior do Campo de xogos do Centro Cultural polo noso fundador-director-guía Ricardo Pérez e Verdes, seguidamente acompañou a todo o grupo escolar a visitar e coñecer “in situ” a magnífica colección, que posuímos no campo de xogo, de once murais de azulexos sobre os “Xogos e Deportes Tradicionais Galegos”, obras seleccionadas e finalistas dos diferentes centros escolares da Costa da Morte, patrocinadas pola Fundación Subministracións LAR de Ceé e doadas polo gran empresario, filántropo e mecenas Gonzalo Rodríguez á nosa Fundación e ao MELGA para a súa exposición.
É digno de mención o resaltar que sendo nenos e nenas tan pequenos, as dúas horas e media do percorrido polas salas de exposición, foron constantemente moi participativas, ordenadas e moito interese nas explicacións dadas. A disciplina “palpábase” en todos os momentos da sesión. Escoitaron, preguntaron, xogaron, divertíronse… sempre na máis estrita orde. Asombroso! Como anos anteriores, todos os nenos/as falaron indistintamente nas dúas linguas oficiais do centro: inglés e español.
Despois da visita guiada ao museo, o hall do Centro Cultural serviu de “puntual e imprevisto” comedor (diluviaba neses momentos) para repoñer as forzas da ampla sesión teórico-práctica que realizaran.

Español





Leave A Comment