O CEIP A Cristiniana de Carballo regresa ao MELGA despois dun ano de ausencia

O centro escolar do CEIP A Cristina de Carballo (A Coruña) regresa de novo ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), despois dun ano de ausencia (2023) por causas coñecidas como foron a intervención cirúrxica do noso director e non poder situar unha data concreta para a súa nova visita.

Os tres grupos participantes na visita guiada conformábano máis de sesenta alumnos e alumnas de educación infantil de 1º-2º e 3º (con idades comprendidas entre os 3 aos 5 anos) e viñan acompañados das súas profesoras-titoras Miguel Díaz, Ana Martínez, María José Montáns, Berta Suárez, Raquel Martínez e Raquel Mato como representante do centro docente e organizadora da actividade extraescolar.

Con máis de tres horas de visita guiada polas salas do museo, todos os mozos visitantes e as súas profesoras/es, gozaron ao máximo cas ensinanzas transmitidas na sesión e, por descontado, a competencia en diversos xogos tradicionais xurdiu espontaneamente. Gran entusiasmo, aínda que o tentaron, non obtiveron ningunha marca destacable. Tampouco houbo campión da visita.

A pesar de que os “peques visitantes” eran moitos e de diferentes idades, foron moi disciplinados e ordenados. O guía do museo felicitounos polo seu bo comportamento e a súa atención. Os grupos foron divididos en dous subgrupos para realizar a visita guiada. Nesta ocasión acompañou a Ricardo Pérez y Verdes nas súas explicacións e prácticas, Vanessa Casais profesora e colaboradora do museo.

Alumnos do CEIP A Cristiniana xogan con Ricardo Pérez y Verdes no Museo MELGA

Alumnas do CEIP A Cristiniana xogan no Museo MELGA

Alumnos do CEIP A Cristiniana merendan no chan e nas escaleiras do MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.