Hai escasamente unha semana, o venres día 14 do presente mes, recibimos a un grupo numeroso de case setenta alumnos e profesores, de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos de idade do centro escolar carballés do CEIP A Cristinian. Hoxe día luns 24 de novembro, leste mesmo centro docente fai unha parada, como cada ano (van con esta oito ocasiones), ao noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) para realizar unha nova visita guiada, pero nesta ocasión, cos alumnos de 8 e 9 anos de idade de 3º e 4º de primaria e os seus profesores.
Viñan acompañados polos seus titores/as Carolina Carreira, Oscar Toja,Lucía Boquete, Anais Lois e Maica Cotelo como representante do centro e organizadora da actividade lúdico-museística. Tamén os acompañaban neste visita a directora do centro e a xefa de estudos respectivamente.
A sesión programada durou máis aló das tres horas, non deixando pasar a exposición dos murais de azulexos, os vídeos correspondentes (Cómic-Melga e Cantamos: xogos populares), as explicacións dos guías do museo e por descontado, a máis importante para eles, a práctica a través dos diferentes xogos tradicionais presentados durante o percorrido.
Como se adoita realizar sempre con grupos amplos, o mesmo se subdividió en dous subgrupos para que a maioría dos asistentes puidesen participar en todos as actividades prácticas. Tamén, nesta ocasión, o noso director-guía tivo a axuda inestimable de Vanessa Casais profesora e colaboradora do noso museo.
Aínda que o interese e as ganas por parte de todos de “marcar” un record dalgúns xogos propostos non foi posible nesta xornada. En cambio, si hubo vencedores da visita guiada: Leo Remuñán e Fabiola Sánchez ambos de 9 años de idade.
Un sobresaliente para todos por participantes á visita pola súa participación, comportamento, entusiasmo e disciplina. Outra xornada moi atractiva e frutífera para todos os visitantes, aprendendo-xogando e gozando de “o lindo”. Soubolle a pouco!
Felicidades! Ata o ano que vén!



Español





Leave A Comment