O CEIP Plurilingüe de Monterroso (Lugo) desplázase ao MELGA

Hoxe pola mañá mércores 18 do presente mes de marzo, foi un día especial no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), xa que tivemos a ocasión de recibir un grupo de alumnos/as do CEIP Plurilingüe da localidade de Monterroso da provincia de Lugo, para realizar unha visita guiada. Para todos eles era a súa primeira vez en visitarnos e pertencían a discentes de 5º e 6º de primaria de educación infantil, cuxas idades se atopaban entre os 10 e 13 anos de idade. Aínda que para o centro era a súa segunda ocasión, xa que hai dous anos (28 de febreiro do 24) coñeceron o MELGA outro grupo do mesmo ciclo escolar. En total máis de medio centenar de escolares, que ademais viñan acompañados dos seus profesores-titores Elena Fresno, David Busto (profesor de educación física) e María do Carmo Otero, que facía de coordinadora da actividade e responsable do grupo.

Tras un longo desprazamento de máis de dúas horas de autobús, os visitantes chegaron ao museo cun pouco de atraso da hora fixada pola dirección do mesmo, despois prolongouse ata as 15,00 h., a visita guiada para así lograr ao completo a visita organizada. A duración final da sesión museística excedeu as tres horas e media. Despois de percorrer os máis de 150 quilómetros que median entre as localidades de Monterroso (Lugo) e Ponteceso (A Coruña), que mellor para estirar as pernas que unha sesión práctica de xogos tradicionais, cuestión que agradeceron enormemente todos os visitantes.

O grupo funcionou extraordinariamente tanto na atención ás explicacións dadas polo guía, como polas actuacións participativas-recreativas-competitivas da sesión lúdica-práxica organizada. Ao final, como de costume, fíxose entrega dos correspondentes premios para dous alumnos finalistas, que levaron senllos xoguetes tradicionais para que iniciasen as súas coleccións persoais, estes recaeron en Martín Pérez de 11 anos de 5º curso e Efrén González de 6º curso de 12 anos. Non se bateu ningunha marca destacable nos xogos e iso que o intentaron con afínco.

Finalmente tanto profesores/as como alumnos/as agradeceron a Ricardo Pérez e Verdes a xornada realizada, segundo eles, excedera con fartura, con aquelas opinións que lles chegaban sobre o MELGA. Seguro que volveremos o ano próximo!

Partindo do museo o grupo desprazouse ao Piñeiral de Balarés, onde alí realizaron un picnic e seguidamente desprazáronse á vila de Vimianzo para ver o seu castelo medieval e así finalizar a intensa xornada cultural por estas terras da provincia da Coruña.

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.