O CEIP plurilingüe San Marcos súmase ás visitas guiadas

No día de hoxe, xoves día 14 do presente ano de 2026, tivemos a oportunidade de recibir, no noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado en Ponteceso, por primeira vez un novo grupo escolar que procedía do municipio coruñés de Abegondo, tratábase do CEIP Plurilingüe San Marcos.

O grupo compoñíano en total, entre alumnos/as e profesores/as, algo máis dunha corentena de persoas (43), de 4º A de primaria (9 e 10 anos de idade), acompañados dos seus profesores/as Lorena Caramés, Héctor Antón (profesor de Educación Física) e Lourdes Fernández Barrós, titora, organizadora da actividade e que exercía de representante do centro na visita.

A visita guiada ao museo iniciouse nunha franxa nada inusual para nós, pois sempre realizamos as mesmas polas mañás (10:00-14:00 h.), pero neste caso por problemas de axenda, o grupo pola mañá tiña programada unha visita ás instalacións do Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro, lugares situados en Cabana de Bergantiños, a súa chegada ao MELGA foi sobre as 14:00 h. aproximadamente.

Unha vez instalados no noso museo, levouse a cabo, como de costume, un longo percorrido polas salas expositivas do museo, pasando antes, pola benvida, pola exposición ao aire libre de Murais de Azulexos sobre os xogos e deportes tradicionais, así como polo visionado dos dous vídeos publicitarios do Himno do Museo e a visita virtual ao mesmo.

Despois de tres horas de visita guiada, da man do noso director-guía, todo o grupo, con moita atención e interese, escoitando as explicacións alí transmitidas e sen dubidalo, para eles o máis importante, a práctica dos diferentes xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo, que alí se programaran, para “desentumecerse” xenial.

Hai que destacar que foi un grupo excelente, moi observadores, rebuldeiros, e … moi curiosos en coñecer e saber. Aínda que puxeron moito entusiasmo en lograr bater algunha marca nos xogos, non foi posible, pero… pensamos que foi debido á longa xornada que se “paparan”. A todos os compoñentes fíxoselles entrega como recordo da súa estancia entre nós, duns recordos sobre xogos tradicionais e folletos publicitarios do MELGA.

Estamos moi agradecidos polas palabras afagadoras que tiveron, tanto de alumnos como de profesores, cara ao museo e en especial á visita guiada. Unha sesión lúdica: Excepcional e marabillosa!

 

nenos e nenas do ceip san marcos xogando no museo melga

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.