Hoxe mércores día 28 do presente mes de maio-25, recibimos nas instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), cuxa sede se atopa en Ponteceso, máis de medio centenar (55) de alumnos e alumnas de cuarto de ensino primario (9 e 10 anos), do colexio privado CPR Andaina da Coruña, para realizar unha visita guiada. Viñan acompañados polas súas profesoras-titoras María Pardo, Borja Rey (apoio Eduactivo) e Cris Corgo organizadora da actividade e representante do grupo na visita ao museo. Para Cris, esta foi a súa cuarta participación en acompañar aos diferentes grupos do centro ao MELGA durante estes últimos anos. Sen dúbida unha gran embaixadora e divulgadora do noso museo.
Co mesmo esquema de sempre, tanto na organización do traballo, tempo dispoñible e un número ideal para o desenvolvemento dunha visita guiada, as máis de tres horas e media levadas a cabo para as mesmas resultoulles curta, aínda que iso si, moi divertida, entretida e sobre todo entusiasmados por ter a ocasión de visitarnos. Tanto é así, que ao finalizar o percorrido polo museo a súa titora comentounos: Os alumnos e alumnas “fliparon” co museo, tanto polo que alí explicábase, as súas pezas e sen dúbida as súas prácticas de xogos tradicionais. Iso é síntoma de que o pasaron moi ben. Algúns nenos e nenas deixaron os seus “garabatos”, pequenos textos e debuxos no libro de visita do museo, comentando: Isto é un “espectáculo magnífico!. Un museo diferente a todos os que visitamos!. Xenial. Aínda que o tentaron non lograron ningunha marca destacable. Tampouco houbo vencedor da visita nesta xornada, pero os premios foron entregados á coordinadora para anexalos á aula.
Como curiosidade temos que comentar, que o colexio CPR Andaina coruñés, ostenta o record de visitas guiadas ao noso museo, coa de hoxe son once (11) as ocasións (empatados coas colexio Jesuitinas da Coruña), desde que no 2021 iniciaron a súa andaina polo MELGA e que non deixan de asistir cada ano nesta cita anual, salvo o pasado ano 2024 que non asistiron por problemas de última hora na organización das actividades do centro.



Español





Leave A Comment