Por primeira vez, o CEIP CANOSA-RUS de Erbecedo do municipio de Coristanco, hoxe luns día 25 do presente mes de novembro (día excepcionalmente xa que os luns non se abre o museo por descanso do persoal), desprazáronse a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).
O grupo conformábano dous grupos, un de 5º e outro de 6º de primaria do ensino infantil, con idades comprendidas entre os 10 e os 11 anos de idade. O número de participantes excedían os corenta discentes. Os alumnos e alumnas do centro docente viñan acompañados de dous profesores titores: Sergio Anido e Marta Neira, que exercía de coordinadora da actividade.
A sesión tivo unha duración aproximada de dúas horas e media, cunha pausa para descansar e repoñer forzas. Como cabía esperar, a xornada foi moito máis práctica que teórica, polas idades que tiñan os visitantes, aínda que non se deixaron de lado a parte teórica. Un grupo inmensamente ordenado e disciplinado, cun interese grandísimo en coñecer os xogos e deportes galegos e do mundo, pero abrigo o competir e saber o alcance das súas habilidades motrices e técnicas. Tentaron realizar algunha marca destacada, nalgún dos xogos seleccionados, pero non chegaron a logralo.
Como non houbo campión/a de a visita, a dirección do museo fixo entrega ás clases de 5º e 6º de primaria, duns obsequios para cada clase. Pasárono tan ben que os asistentes preguntaban como era que houbese un museo tan “guay” en Ponteceso e que non o coñecesen. Os profesores quedaron asombrados da gran colección de obxectos museísticos. Un día para lembrar.
Leave A Comment