Hoxe recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a un grupo docente, por terceira vez consecutiva (2023 e 2024), procedentes do famoso barrio coruñés de Monte Alto, o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP). Ánxel Casal. Os compoñentes do mesmo eran, alumnos de terceiro e último curso dos seus estudos de Formación Profesional do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística, con idades comprendidas entre os 19 aos 22 anos de idade. Todos eles viñan acompañados das súas profesoras UXÍA SOTO e EMMA TEIXEIRA que exercía o cargo de responsable da actividade e do centro escolar.
A xornada matinal deu comezo ás 10,30h. e finalizou aproximadamente ás 13,30 h. As tres horas de percorrido polas salas expositivas do museo, desenvolvéronas amplamente, ao ser un grupo reducido tanto teórica como practicamente o alí planificado para a visita guiada. Tanto profesoras como alumnos/as do centro docente estaban “alucinados”, primeiramente polo magnífico museo e en segundo lugar polo que aprenderan na sesión expositiva do noso guía, para a súa futura profesión. Comentaban ao final da sesión “ que fora un acerto e que as profesoras lles habían regalado unha excursión extraordinaria”. Non pararon de xogar, preguntar e competir. Aínda que o tentaron, non obtiveron ningunha marca destacable, pois eles o que pretendían non era a práctica dos xogos senón o coñecemento dos mesmos para a súa futura trasmisión docente.
A expedición compoñíano máis dunha vintena (25) de alumnos/as, das cales 18 eran alumnas e só 6 alumnos. Entre os alumnos atopábase un futuro monitor do Alemaña, que se admirou e observou detidamente os xogos e deportes do seu país.
Un gran ambiente e interese na visita guiada, pois todos sen excepción, non deixaron os seus bolígrafos, cadernos, tablets, para ir apuntando todo o que alí se expoñía por parte do guía, e os seus móbiles para plasmar imáxes das pezas e xogos observados.



Español





Leave A Comment