Debido ás obras de mantemento efectuadas no museo durante estes últimos meses de setembro e outubro e atopándose o noso recinto pechado para os nosos usuarios, hoxe recibimos no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) a un grupo docente, por CUARTA vez consecutiva (2023-2026), procedente do famoso barrio coruñés de Monte Alto, o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Ánxel Casal. Os compoñentes do mesmo eran alumnos de terceiro e último curso dos seus estudos de Formación Profesional do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística, con idades comprendidas entre os 19 aos 22 anos de idade. Todos eles viñan acompañados das súas profesoras Laura Morales, Alba Duro e Uxía Soto, que exercía o cargo de responsable da actividade e do centro escolar.
A xornada matinal deu comezo ás 10:30 h e finalizou aproximadamente ás 13:30 h. As tres horas de percorrido polas salas expositivas do museo desenvolvéronas amplamente, ao ser un grupo reducido, tanto teórica como practicamente o alí planificado para a visita guiada. Tanto profesoras como alumnos/as do centro docente estaban “alucinados”, primeiramente polo magnífico museo e en segundo lugar polo que aprenderan na sesión expositiva do noso guía, para a súa futura profesión. Comentaban ao final da sesión “que fora un acerto e que as profesoras lles regalaran unha excursión extraordinaria”. “Aínda que xa viñan aleccionados e recomendados dos alumnos/as e profesores/as dos anos anteriores”. Non pararon de xogar, preguntar e competir. Aínda que o tentaron, non obtiveron ningunha marca destacable, pois eles o que pretendían non era a práctica dos xogos senón o coñecemento dos mesmos para a súa futura transmisión docente.
A expedición compoñíana máis dunha vintena (25) de alumnas, curiosamente ningún estudante da rama masculina. Entre as alumnas atopábanse as futuras monitoras de Venezuela e Colombia, que se admiraron e observaron detidamente os xogos e deportes dos seus países.
Un gran ambiente e interese na visita guiada, pois todos sen excepción non deixaron os seus bolígrafos, cadernos, tablets… para ir apuntando todo o que alí se expoñía por parte do guía e os seus móbiles para plasmar imaxes das pezas e xogos observados.



Español





Leave A Comment