Clausurase a exposición “Memoria 75 años da Peña Trevinca Montañeiros de Galicia”, onde o Melga de Ponteceso estivo presente

Despois de innumerables aprazamentos por mor da pandemia existente no noso país, con case un ano de atraso, e despois de quince días de apertura ao público xeral, onte domingo día 6 de setiembre, na Casa Galega de Cultura de Vigo, tivo lugar clausúraa da “Memoria Exposición dos 75 anos do Club Pena Trevinca Montañeiros de Galicia”, fundado na primavera do ano 1944 e neste momento o mais antigo que continúa funcionando na actualidade. A exposición foi clausurada polo concelleiro de Cultura do Concello de Vigo Abel Losada, acompañado do concelleiro de Deportes Manel Fernandez e polo presidente do club Carlos Garrido.

 

Don Gonzalo Gurriarán, médico de Valdeorras, que estaba alá polo ano 1943 en Manzaneda nunhas xornadas de esquí, puxo andar unha asociación deportiva dedicada ao esquí e ao montañismo “O Club Trevinca Montañeiros de Galicia”. O doutor Gurriarán sentou as bases do montañismo na nosa comunidade autónoma con tanta forza e ilusión que 75 anos máis tarde continúa viva con máis de 800 socios repartidos entre as diferentes seccións de infantís e adultos, con actividades de sendeirismo, montañismo, escalada e espeleología tanto dentro como fóra de Galicia, visitando grandes macizos europeos.

 

Nas paredes da sala de exposición os visitantes puideron realizar un percorrido por estes 75 anos de historia a través de paneis explicativos e gráficos que debullaban os momentos culturais, sociais e deportivos mais relevantes da entidade montañeira. Os asistentes tamén puideron gozar de distintos vídeos sobre as actividades do club aos Pireneos, Valle de Aosta, As Montañas Dolomitas, etc. O material exposto foi achegado polo historiador Ricardo Gurriarán, fillo do fundador do club, amigo e colega do noso director. Entre esta valiosa documentación destacaba un manuscrito do propio don Ramón Otero Pedrayo, que foi Socio de Honra desta entidade.

 

 

O granito de area á devandita conmemoración foi posta pola nosa Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), xa que cedemos temporalmente todo o material de montaña e os diferentes modelos de esquí da primeira metade do século XX, que están expostos nas vitrinas do museo. Unha parte deles, foron doados á nosa Fundación a través do seu fillo Ricardo para que os conservásemos e expuxésemos no MELGA de Ponteceso. Algúns dos esquíes de fondo, de pista, como os seus correspondentes bastóns, pertenencieron a don Gonzalo Gurriarán que se alzou co Campionato de España de esquí de fondo no ano 1924 e seleccionador galego de esquí.

 

Polas medidas de aforo limitado polos problemas actuais de saúde pública, temos que informar que ao redor de oitocentas persoas puideron gozar da devandita mostra, segundo información dos responsables de sala, propiedade do Concello de Vigo.

 

Parabén e felicitacións a don Carlos Garrido presidente da entidade, á súa xunta directiva e aos seus socios, polo seu traballo e labor en prol desta modalidade deportiva e inmensa gratitude a todas as xentes que visitaron devandito exitoso evento.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.