Coa visita de hoxe o colexio das Jesuitinas de A Coruña bate a marca de visitas guiadas escolares ao MELGA de toda Galicia

Co empate de onte co centro privado coruñés Andaina, a visita guiada de hoxe martes día 16 de xuño-25, o centro coruñés concertado da Fundación Educativa Colexio Fillas de Jesús, máis coñecidas como as Jesuitinas, bateron a Marca de participación no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, alcanzando TRECE as ocasións que nos visitaron, desde a nosa inauguración, alá polo ano 2013. Como media visitaron o museo unha vez ao ano (algún ano ata 3 veces) sabendo que houbo dous anos de pandemia e levamos doce anos de existencia. 

Os compoñentes do grupo foron ao redor de medio centenar de alumnos/as de 2º de educación primaria (C-D), en idades de 7 e 8 anos e que estaban acompañados polas súas profesoras titoras Isabel Núñez e Yolana Penas.

O inicio da xornada lúdica deu inicio sobre o 10,00 h. da mañá, visitando a exposición aire libre dos “Murais de Azulexos sobre os Xogos Tradicionais”, que tan xenerosamente doou a Fundación LAREIRA de Cée (A Coruña), da man do seu presidente e promotor Gonzalo Rodríguez e a súa filla Tatiana, á nosa Fundación Ricardo Pérez e Verdes. A continuación, xa no interior do MELGA, visionaron os dous vídeos “Cómic MELGA”(Visita virtual) e “Cantamos: xogos populares” (Himno). Finalizada esta sección vídeo-gráfica, iniciouse a visita guiada ás dúas salas do museo. Como nas últimas ocasións, a dispoñibilidade horaria para a visita, foi moi curta, non superando as dúas horas e media de percorrido polas salas do museo. 

De todos os xeitos a mesma, aproveitouse intensamente non deixando de desfrutar das explicacións do guía e o pracer da práctica dos xogos tradicionais programados. Aínda que o intentaron, non se bateu ningunha marca sobre xogos, nin houbo vencedores da visita, aínda que a dirección do museo, obsequiou aos grupos senllos agasallos para a aula dunha colección de buxainas e perinolas e perindolas e un xogo de Pai-Nai-Fillo (Muiño) do MELGA. 

Como de costume, o grupo foi modélico, o mesmo que nas anteriores visitas efectuadas, participando activamente en todo o que se lle propoñía. Agradecemos inmensamente ás súas profesoras pola súa constante colaboración na devandita xornada.

Felicidades e Parabéns a todos os participantes!

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.