Coa visita de hoxe o Colexio das Jesuitinas da Coruña bate o récord de visitas ao Melga de toda Galicia

Coa visita guiada de hoxe mércores día 11 de xuño-25, o centro coruñés concertado da Fundación Educativa Colexio Fillas de Jesús, máis coñecidas como as Jesuitinas, bateron o récord de participación no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, alcanzando as ONCE ocasiones que nos visitaron, desde a nosa inauguración, alá polo ano 2013. Como media visitaron o museo unha vez ao ano (algun ano ata 3 veces), sabendo que houbo dous anos de pandemia e levamos once anos de existencia. 

Os compoñentes do grupo excedían a media centena (58) de alumnos de 2º de educación primaria (C-D), en idades de 7 y 8 anos, que estaban acompañados polos suas profesoras titoras Paula Castelos y Marta Blanco. 

O inicio da xornada lúdica deu inicio sobre as 10,00 h. da mañá, visitando a exposición ao aire libre dos “Murais de Azulexos sobre os Xogos Tradicionais”, que tan xenerosamente doou a Fundación LAR de Cée (A Coruña), da man do seu presidente e promotor Gonzalo Rodríguez e a súa filla Tatiana, á nosa Fundación Ricardo Pérez e Verdes. A continuación, xa no interior do MELGA, visionaron os dous vídeos “Cómic MELGA” (Visita virtual) e Cantamos: xogos populares” (Himno). Finalizada esta sección vídeo-gráfica, iniciouse a visita guiada ás dúas salas do museo. 

Como as últimas ocasións, a dispoñibilidade horaria para a visita foi moi curta, non superando as dúas horas e media de percorrido polas salas do museo. Sen dúbida están a tentar que para os próximos anos vindeiros, poidan autorizar máis tempo para esta visita guiada que tanto lles satisfai a todos. De todos os xeitos a mesma, aproveitouse intensamente non deixando de gozar das explicacións do guía e o pracer da práctica dos xogos tradicionais programados. Aínda que o tentaron, non se bateu ningún record sobre xogos, nin houbo vencedores da visita. 

Como curiosidade no grupo coruñés, viña o neno chamado Guillermo, neto do mecenas ceense Gonzalo Rodríguez, doante dos murais de azulexos da exposición exterior do museo, que nos traía recordos do seu avó para Ricardo Pérez e Verdes. 

O grupo recibido foi modélico, do mesmo xeito que nas anteriores visitas efectuadas, participando activamente en todo o que se lle propoñía. Agradecemos inmensamente as suas profesoras pola súa constante colaboración na devandita xornada. 

Felicidades e parabéns a todos os participantes!

Para rematar, o colexio non dudou en poñer en valor nas súas redes sociais a labor realizada polo Museo MELGA: Alí aprenderon moitísimo sobre os xogos e deportes tradicionais galegos, e tamén puideron xogar, experimentar e divertirse coma nunca! Todo isto grazas ao gran traballo e simpatía de Ricardo Pérez e Verdes, que lles contou historias, fixo preguntas e xogou con eles!

(Fai clic na seguinte imaxe para ver a publicación)

 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.