Concedense os premios “Rodela” da Exposición de Muráis de Azulexo

Reunido o Padroado da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o luns día 27 do presente mes de setiembre-21, ás 17,00 h. nas instalacións do Centro Cultural do concello de Ponteceso, baixo a presidencia do noso director, e como Secretaria do concurso Paula Alonso, realizouse o cálculo de votos emitidos, para dilucidade os tres primeiros premios “ Rodela” desta IV Edición.

 

Os votos emitidos por aclamación popular para este IV Concurso Exposición de Murais de Azulexo ao aire libre sobre os Xogos e Deportes Tradicionais, foron 678 papeletas as que entraron na urna, dos cales realizado o escrutinio de votos, así como os votos emitidos por aclamación popular, foron os seguintes:

 

O TERCEIRO PREMIO ao mural nº 6 da exposición e con 37 votos, baixo o título “Os xoguetes esquecidos do vento” e aberta a plica, corresponde ao IES. Eduardo Pondal de Ponteceso. Votos emitidos: 219 e 7 votos nulos.

 

O SEGUNDO PREMIO ao mural nº 2 da exposición e con 40 votos, baixo o título “O xogo de papaventos” e aberta a plica, corresponde ao IES. Fernando Blanco de Cée. Votos emitidos: 220 e 6 votos nulos.

 

E PREMER PREMIO corresponde ao mural nº 4 da exposición e 42 votos baixo o título “Xogos áo atardecer” e aberta a plica, corresponde á Asociación APEM de Cée. Votos emitidos 221 e 5 votos nulos

 

Das once murais presentados á exposición, desexamos comentar que o nivel de todos eles foi excelente e a pena é que só se poidan conceder tres únicos premios, porque todos son sen dubidalo merecedores deles, pola súa plástica, traballo, colorido, deseño, etc. Todas as obras foron valoradas polo público e o número de votos ocasionados superou sempre as 15 papeletas. Debido á gran afluencia que segue visitando a exposición, a organización da mostra decidiu que a mesma, permanecerá aberta ata final de ano.

 

O noso agradecemento ao concello de Ponteceso, a Óbraa socio-cultural Subministracións LAR, á Fundación Ricardo Pérez e Verdes e á dirección do MELGA, que sen eles, polo seu traballo, interese, apoio e colaboración, nunca puidésemos realizar devandito magno evento. A entrega dos premios serán anunciados a todos os concursantes e persoas interesadas no acto, polos medios de comunicación para datas próximas.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.