Onte pola mañá, martes día 19 de maio-26, desde as 10:30 h. ata as 14:00 h., máis dunha vintena de alumnos e alumnas de 4º de Infantil de primaria de 9 e 10 anos de idade do CPI Bembibre – Val do Dubra (A Coruña), viaxaron ata Ponteceso, para levar a cabo unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Viñan acompañados das súas profesoras titoras Isabel Mato e Águeda Regos Ferreiro que exercía de organizadora, coordinadora e representante do centro na visita.
Nesta ocasión dispuxeron de máis de tres horas para realizar un percorrido polas salas do museo, xa que o ano anterior (maio-25) tiveron escasamente menos de dúas horas para a visita, pero neste día de hoxe, puideron coñecer en profundidade o museo coas case catro horas que dispoñían para a sesión lúdica.
Aínda que o intentaron, non lograron facer marcas destacables nos xogos, pero o seu entusiasmo e paixón, pois repetían e repetían os mesmos, non lograron o éxito final. Un grupo moi competitivo e disciplinado. Aínda que, se houbo un gañador da visita, que recaeu no neno de 9 anos de idade Lucas Paz, levándose unha variedade de buxainas, trompos, perinolas e perindolas, para que se inicie no coleccionismo desta temática.
Hai que destacar que o grupo que recibimos hoxe tanto alumnos como profesoras, foi extraordinario, pola súa atención, respecto, interese, participación, colaboración, etc… sinceramente “chapeau”. Despois da visita, para repoñer forzas, todos os asistentes, xa que o tempo non nos acompañaba, habilitóuselles unha sala no Centro Cultural para que realizasen un picnic nas instalacións. Sobre as 15:00 h. partiron cara á súa localidade.
Así foi a visita guiada ao MELGA, tanto para profesoras como alumnos, que plasmaron o seu recoñecemento a través do libro de visita do museo, coas seguintes palabras; “Grazas, grazas e mil grazas!!! Veñas unha o un milleiro de veces, é unha experiencia absolutamente incrible, asombrosa, transmitida cunha paixón e entusiasmo que deixa pegada a todos nós! Oxalá se valore a grande sorte que ten este concello de posuír un lugar tan único e co mellor transmisor de coñecemento e enerxía vital, entusiasmo, desfrute polo xogo e polo desfrute que é o motor da vida! Grande experiencia e valores para a nenez e para todos nós!! Grazas (Profesoras Isabel e Águeda)”
Por parte dos alumnos/as, todos, quixeron deixar o seu sinal da visita guiada realizada por primeira vez ao MELGA. Seleccionamos algunhas das palabras adicadas: “Grazas por deixarme xogar e por todo ata por ensinarme cousas que non sabía”; “Páseino xenial e incrible como o “mozo” cousas xeniais e a mellor experiencia que vivín no mundo mundial. Grazas por todo. Un bico”; “É incrible como explica as cousas e pon gañas e esforzo ao traballo coa súa idade. Desde Bembibre, Val do Dubra moitos bicos e moitas grazas”; “Ricardo foi moi amable e gustoume moito o museo. Había moitos xogos para xogar con eles e eran moi divertidos”: “Os xogos foron moi divertidos e puidemos xogar con eles”; “Encantoume o museo. Xogamos moito. Coñecemos cousas novas. Se nos deixaba participar en moitas cousas. Aprendemos bastantes cousas de hai moitos anos. A visita foi tranquila e marabillosa”; “Foi divertido”; “Grazas por ensinarnos todos os xoguetes. Esperamos volver para o ano”; “Paseino xenial, é unha experiencia inesquecible, alégrome de vir. Grazas”; “Paseino moi ben, grazas por todo”; “É un dos mellores museos que visitei e mellor aínda ir cos meus amigos e con Ricardo” e “É un museo moi ben pensado para nenos e nenas polos xoguetes e os deportes” (Alumnos/as de 4° Primaria)”.
Felicitacións por unha brillante sesión lúdica!





Español





Leave A Comment