Máis de medio centenar de colexiais e profesores do CPI de Bembibre foron recibidos no MELGA para realizar unha visita guiada

Hoxe pola mañá, venres día 23 de maio-25, desde as 11:30 h. ata as 14:00 h., máis de medio centenar (55) de alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Infantil de primaria de 3, 4 e 5 aniños de idade do CPI Bembibre – Val do Dubra (A Coruña), viaxaron ata Ponteceso, para levar a cabo unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Viñan acompañados das súas profesoras/titoras/e Noelia Rouco, Cristina Paxaro, Ana Abelenda, Carmen Becerra e Patricia Villar que exercía de organizadora, coordinadora e representante do centro na visita.

Soamente dispuxeron de dúas horas e media para realizar un percorrido polas salas do museo, tanto alumnos como profesoras, marcháronse un pouco desilusionados por dispoñer de pouco tempo, xa que o ano anterior (xuño-24) tamén eran maiores, puideron coñecer en profundidade o museo coas catro horas que dispoñían para a sesión lúdica.

Aínda que o tentaron, non lograron facer marcas destacables nos xogos, pero o seu entusiasmo e paixón, pois repetían e repetían os mesmos, non lograron o éxito final. Un grupo moi competitivo e disciplinado.

Hai que destacar que o grupo que recibimos onte, tanto alumnos como profesoras, foi extraordinario, pola súa atención, respecto, interese, participación, colaboración, etc… sinceramente “chapeau”. Despois da visita, para repoñer forzas, todos os asistentes, desprazáronse para xantar no Piñeiral de Balarés.

Felicitacións por unha brillante sesión lúdica!

Varios nenos do CPI de Bembibre xogan no Museo MELGA a xogos traicionais

Varios nenos e tutoras do CPI de Bembibre xogan no Museo MELGA a xogos traicionais

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.