Hoxe venres 5 de decembro do ano 2025 finalizan as visitas guiadas de centros escolares ao MELGA, cun centro docente de Cee (A Coruña)

Hoxe venres, en sesión matinal, desprazáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) na súa oitava visita, desde o ano 2018, o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo da localidade de CeE. Nesta ocasión o grupo formábano alumnos e alumnas de 5º de primaria de educación infantil, con idades comprendidas entre os 9 e 10 anos de idade. O grupo era moi homoxéneo e estaba conformado por preto de corenta discentes, que viñan por primeira vez a coñecer o museo e todos eles atopábanse acompañados polos seus titores Eduardo Rodríguez E Abraham Ríos, que representaba ao centro docente e organizador da “excursión” de fin de curso.

Ao contar con moi pouco tempo de estancia no museo, a visita iniciouse directamente cos vídeos explicativos e publicitarios do MELGA e seguidamente iniciouse o itinerario pola sala I, a do xogo e deportes tradicional, que aproximadamente durou unha hora. A continuación abordouse a segunda II con diferentes xogos axeitados ás súas idades, cuxa duración alcanzou outra hora aproximadamente. Entre as dúas salas, con máis de dúas horas e media que durou a xornada museística, gozárona a lume de biqueira. Para o que estamos a programar en todas as sesións, nesta ocasión a visita guiada foi moi curta, xa que polo xeral a mesma ten unha duración de máis de tres horas pero…o tempo era o que dispoñía o centro escolar.

Un grupo moi participativo e atento ás explicacións do guía do MELGA. Ao final da visita, cóntanos Ricardo Pérez e Verdes que se achegaron varios nenos e nenas para comentarlle o seguinte: “Ricardo, pasámolo moi ben, mellor… o seguinte, fenomenal”. “O peor… o curta que foi a visita”. Como nota da xornada lúdica, debemos comentar que o CEIP Manuela Rial Mouzo de Cée, pecha as visitas guiadas de centros escolares (como todos os anos) deste espléndido ano de 2025. En canto a lograr bater algunha marca sobre algún xogo, non se alcanzou ningún, aínda que a piques estiveron de logralo. Tampouco houbo premios da visita ao non lograr por parte dos presentes a marca establecida para o mesmo.

Pero os premios, esta vez, foron a parar as aulas do centro de 5º A e 5º B, decisión do director-guía del museo.

Aínda que o balance do mesmo farase cando finiquitemos este mes de decembro, podemos adiantar que seguramente pode ser un dos mellores anos en número de visitantes, tanto en grupos escolares, asociacións, universitarios, clubs, etc. como en visitas por conta propia (moitos menos), aínda sabendo que, durante a semana (de luns a venres) e este ano por primeira vez, desde o mes de setembro ata a data de hoxe estivemos tamén pechados as fins de semana e festivos (por motivos de falta de persoal).

Pola nosa banda, estamos satisfeitos e sen dúbida moi orgullosos de que tantas persoas coñezan un pequeno, modesto e orixinal museo, como é o MELGA, situado no concello de Ponteceso, que como sabemos é un referente museístico de toda España e Galicia en particular.

Que o ano 2026 sexa para todos, moito máis extraordinario!

Felices Lúdicas Festas!

Alumnos e alumnas xogan a xogos tradicionais no MELGA ante a mirada do resto

Un grupo de alumnos do CPR Manuela Rial posan nunha das salas do MELGA

Varios grupos de alumnos do Manuela Rial de Cee xogan a candanseu xogo tradicional

Dúas alumnas do Manuela Rial xogan a un xogo tradicional no melga ante a mirada dunha terceira

Catro alumnas do Manuela Rial de Cee xogan a un xogo tradicional no MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.