Cumprese o sétimo aniversario do Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) de Ponteceso

Na mañá do día 27 de setiembre de 2013, ás 12 da mañá, cunha masiva participación das principais autoridades e persoas convidadas ao acto protocolario, inaugurábase o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) que se sería situado na planta baixa da Casa da Cultura do concello de Ponteceso.

Por tanto, mañá mesma data pero do 2020, cumprimos o VII ANIVERSARIO deste magno acontecemento do mundo lúdico-cultural para Galicia. Aquilo que parecía unha utopía e un reto inalcanzable para moitos, converteuse nunha realidade con SETE anos de existencia e logrando éxitos día a día sen parangón, que nos pon como centro referente único en todo o mundo, sobre museos da historia dos xogos e deportes tradicionais e populares, aínda considerando como pequeno, modesto e orixinal recinto museístico.

Todo o éxito alcanzado foi grazas á colaboración imprescindible da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, ao Concello de Ponteceso, á prensa escrita, á radio, á televisión, á hostalería de toda a zona e sobre todo aos centros escolares galegos, asociacións, federacións, outros museos, etc… que non deixaron de visitarnos masivamente desde o primeiro día do noso nacemento.

O balance global realizarémolo finalizado o 2020 e comprobaremos que este ano que está a piques de rematar, non será nin moito menos como o espléndido 2019, pois foi o teito do noso éxito, en cambio o presente, vímonos truncado e privado, por este ano pandémico, noutro novo fito na curta historia do MELGA.

En canto á celebración dos noso  VII Cumpleanos, como levabamos realizando nos aniversarios anteriores, sentíndoo moitísimo, non poderemos organizar as variadas actividades previstas para tal ocasión, pois as debemos aprazar pola emerxencia sanitaria que temos no noso país, debido, sobre todo, á epidemia e ao confinamento polo COVID-19. En caso de retomar as actividades para máis adiante, todos os usuarios serán informados ao seu debido tempo das mesmas.

 FELICITACIÓNS MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.