O 27 de setembro de 2013, en Ponteceso, anunciábase un acto moi importante e especial para toda a Costa da Morte, para Galicia en xeral e especialmente para o municipio de Ponteceso, xa que se inauguraba un novo recinto museístico, tratábase do Museo Etnolúdico de Galicia, a partir deste momento será coñecido polo acrónimo de MELGA, que abría as súas portas despois de tres anos de intenso traballo de catalogación, infraestruturas e distribución.
O próximo domingo 27 de setembro de 2026, estamos a celebrar o noso décimo terceiro aniversario do mesmo. Outro ano máis que engadir ao calendario da nosa institución. TRECE anos de intenso labor pedagóxico, didáctico, cultural, lúdico, inmaterial, turístico etc., que levamos a cabo desde a dirección do centro, xa que así era a pretensión inicial de funcionamento e obxectivos planificados ata a data. Desexamos recoñecer o enorme apoio que tivemos do público en xeral, que de maneira libre ou con visitas guiadas dos centros docentes da nosa querida Galiza que nos visitou, así como destacar a importante difusión realizada polos medios de comunicación, centros de lecer, restauración e turistas en xeral, que nos viñeron acompañando durante estes anos de existencia. Grazas a todos!
Aínda que nestes momentos o MELGA atópase pechado por vacacións ata o día 15 do próximo mes de outubro, as fins de semana seguirán pechadas para as visitas de persoas pola súa conta ou libres, pero as visitas guiadas poderán solicitar xornadas todos os días da semana (luns a domingo ambos incluídos), a condición de que o grupo o conformen 15 persoas como mínimo, con cita previa, nos nosos números telefónicos de contacto, online ou na páxina web.
Esperámosvos para guiarvos e coñecer as nosas salas expositivas, con máis de 4.000 pezas sobre a evolución e historia dos Xogos e Deportes Tradicionais e Modernos a través dos tempos. Estamos seguros que non sairedes defraudados. Unhas xornadas fantásticas en familia deste inicio da recentemente estreada estación outonal.
Contamos convosco! Seredes moi ben recibidos! Pasarédelo en grande! Xa podedes reservar a vosa data para a visita guiada!

Español





Leave A Comment