Dende Ribadeo até Ponteceso para visitar o noso museo

Despois dun longo percorrido de tres horas de viaxe do lucense municipio de Ribadeo, un grupo de trinta alumnos e alumnas do centro docente CIFP Porta da Auga, futuros docentes de Educación Infantil, visitaron o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), acompañados polas súas profesoras Ethel Areas, Purificación Ferreiro, Belén Carballo e Cristina Vázquez coordinadora da actividade.

Como caso excepcional, a visita guiada nesta ocasión foi en xornada vespertina, dando inicio á mesma ás 16:00 h. e finalizando sobre as 18:00 h. aproximadamente. A mesma transcorreu polos leitos normais, aínda que segundo os visitantes parecéralles «curtísima», pero tiñan a esperanza de regresar pronto de novo ou ben co centro ensino ou con familiares. Debido á limitación de horario, xa que desexaban coñecer algo da contorna pontecesá, soamente realizouse o percorrido na primeira sala. Tanto foi o interese por parte dos visitantes, que ata esta sala lle pareceru «visto e non visto». Todos os compoñentes da expedición, profesoras como alumnos en xeral era a súa primeira vez en visitar o museo e coñecer a nosa bela terra.

En termos xerais a visita, como sempre guiada polo noso director, foi moi frutífera e atractiva para os novos visitantes, adquirindo por ela, un coñecemento profundo dos xogos e deportes tradicionais así como da práctica dos mesmos. Un xornada francamente moi interactiva, pedagóxica e didáctica.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.