Despois de cinco anos ausentes dun centro escolar carballés visístanos de novo

Este venres pasado día 3 de xuño, con motivo da súa excursión de fin de curso, o centro CEIP Gándara Sofán do municipio de Carballo, visitounos de novo, despois de 5 anos de ausencia (2018), para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Nesta ocasión foron case 40 nenos e nenas de 6 e 7 anos, correspondentes ao 1º e 2º de primaria, acompañados polas súas profesoras-titoras María José Gómez e Catalina Cancela.

A duración da visita, cun descanso entre a primeira e a segunda sala, foi aproximadamente de dúas horas, pois non dispoñían de máis tempo para a devandita xornada lúdica. De tódolos xeitos os alumnos e alumnas do centro, gozaron intensamente a primeira sala e en condicións mínimas a segunda. Non deixaron de escoitar as explicacións do noso director e de practicar os xogos que alí se lles propoñían. O vencedor da xornada, neste caso dous foron os nomeados, os nenos Martín e Fiz, de 6 e 7 anos, que empataron a preguntas acertadas do percorrido polo museo. Obsequióuselles con senllos xogos de taboleiro (tres en raia) e unhas buxainas tradicionais.

A única persoa que nos visitaba hai 5 anos, era a profesora María José Gómez, xa que os demáis era a primeira vez que visitaban Ponteceso e o MELGA. Segundo palabras da docente «que lle parecía coma se nunca estivese alí, pois aumentara moitísimo as pezas novas que había no mesmo e que era un pracer o gozar dunha visita tan entretida». Os nenos e nenas tamén transmitiron a súa satisfacción dunha excursión moi «guai».

Alumnos del CEIP Gándara Sofán atendiendo a Ricardo Pérez y Verdes de Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.