Despois de máis dunha década da nosa inauguración do MELGA, un centro escolar de Culleredo únese por primeira vez ás visitas guiadas

No día de hoxe martes día 17 de xuño do presente ano 2025, un grupo de máis de oitenta alumnos e profesores (86) de 3º e 4º (8 a 10 años) de ensino primario do CEIP Ría do Burgo da coruñesa localidade de Culleredo, recalaron na vila de pondaliana para achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) situado en Ponteceso. A expedición cullerdense estivo comandada pola coordinadora de actividade e representante do grupo na visita por María Jesús Pazos e acompañábana un numeroso cadro de profesores/titores seguintes: María Paloma Rodríguez, Marta Díaz, Marisol Sala, Lorena Román, Natalia Fandiño e Fernando Martínez.

Despois de moitos intentos por parte do centro para poder coñecer o noso museo, hoxe por fin, lograron cumprido devandito obxectivos. Por tanto, os dous obxectivos eran cumpridos, por unha banda lograr desprazarse e por suposto realizar o soño de coñecer unhas instalacións museísticas do xogo e do deporte. 

A xornada matinal iniciouse sobre as 10,30 h., nunha mañá espléndida de calor, visitando a Exposición de murais de azulexos sobre xogos tradicionais galegos no exterior do Centro Cultural e xa no interior do museo os dous vídeos publicitarios e a visita guiada ás salas expositivas do MELGA. A duración da sesión achegouse case ás catro horas. 

Ao ser o grupo tan numeroso e de idades diferentes (entre os 7 e os 10 anos), este repartiuse en dous subgrupos cada un deles. Mentres uns atopábanse coa profesora-guía do museo Vanessa Casais na segunda sala realizando as prácticas de xogos tradicionais do mundo, na sala primeira atopábase o noso director-guía realizando as explicacións e prácticas sobre os xogos e deportes tradicionais de Galicia, algúns máis representativos de España e do mundo. 

Aínda que o grupo era moi heteroxéneo, a visita guiada estivo moi ben estruturada polas ganas dos visitantes en coñecer cousas novas, ver moitos xoguetes e sobre todo xogar moito, tanto individualmente como colectivamente. Neste caso, a axuda dos numerosos profesores/titores, foi fundamental para a boa marcha da sesión lúdica. Chapeau! 

Como está a pasar nas últimas visitas tampouco, aínda que o tentaron, non houbo novos records, nin vencedores da visita. Outro ano será seguramente, cando adestren máis dicían. 

Os comentarios sobre a “excursión” de final de curso que realizaran ao MELGA, estaba na satisfacción de “pasar un gran mañá nun lugar moi divertido e entretido e que non se parecía en nada a outros museos que visitaran noutras ocasións. Que era un museo xenial Que querían repetir para o ano que vén! Paseino xenial!

Como curiosidade da sesión, temos que destacar a ilusión, a alegría e o ánimo desbordable de varios nenos con disfuncións físico-psíquicas que participaron en todas as actividades prácticas dunha maneira asombrante. Que felicidade ver a estes nenos tan protagonistas, que sacaron dos seus compañeiros fortes aplausos dos seus logros!

Despois da visita ao MELGA, os compoñentes do centro docente desprazáronse á praia de Balarés para repoñer forzas, coñecer “in situ” a magnífica contorna costeira e seguir xogando con aqueles xogos aprendidos e coñecidos na visita. En xeral: un gran día de festa lúdica realizada. 

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.