Despois de seis anos de ausencia a Asociación de Familias Polacas en Galicia regresa de Novo ao MELGA de Ponteceso

Sobre as 10,30 h. da mañá do día de onte sábado 07 do presente mes de xuño-25, a Escola Polaca en Galicia, situada en Santiago de Compostela, achegáronse a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Foron máis de corenta persoas que compoñían o grupo (familias), procedentes das catro provincias de Galicia, nunha pinza de idades desde os 3 meses aos 45 anos aproximadamente. O cincuenta por cento de nenos/as e adultos. Esta era, a súa segunda visita guiada ao museo, xa que a súa primeira vinda foi alá polo mes de maio de 2019. 

Cun gran ambiente festivo, como a ocasión requiría, percorreron as dúas salas do museo con moita atención e chegado o momento dos xogos tradicionais doutros países do mundo, o guía faloulles daqueles máis representativos do seu Polonia natal, #cuestión que lles resultou moi emocionante e abrigo nostálxico. Coa emoción no corpo non faltaron os xogos tradicionais do palant, kapela, pierdciniowka, lisek, polskie ringo, treciak etc. 

Aínda que viñan con pouco tempo, a visita guiada excedeu as dúas horas e media de duración. Non faltaron “píques” entre nenos e nenas senón tamén entre os adultos para comprobar quen era os máis habilidosos do grupo. Como sempre, o director do museo Ricardo Pérez, tamén retou algúns dos presentes nalgún dos xogos tradicionais galegos, sobre todo naqueles xogos de tipoloxía de forza, habilidade e precisión. 

Segundo a coordinadora do grupo Kata Jablonska, comentounos que debido a moitas ausencias dos seus asociados, propuxeron outra nova visita guiada para máis adiante para todos aqueles ausentes e sen dúbida, para moitos dos presentes que desexaban regresar ao MELGA para repetir a experiencia tan extraordinaria que pasaran e gozaran na devandita xornada matinal lúdico-cultural hispano-polaca. 

Un grupo excepcional pola súa participación, orde e disciplina. Moitos das persoas adultas e varios nenos, plasmaron no libro de visitas do MELGA, “o ben que o pasaran e aprendido moito sobre o mundo dos xogos tradicionais de Galicia, do mundo e da súa nación polaca”. “Un museo moi bonito”. “Xenial”. O noso director Ricardo Pérez e Verdes, ao final da visita departiu, con algún dos compoñentes da asociación polaca, intercambiando coñecementos sobre os xogos e deportes tradicionais de ambos países.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.