Un día moi, moi especial, xa que polo xeral as visitas guiadas realizámolas sempre polas mañás, nun día de vacacións de Defuntos e Todos os Santos, que o museo se atopa pechado, a hora realizar a visita ás 16:00 h., de inesperada sorpresa, e… unha familia moi querida por toda a familia do museo e a Fundación, sen dúbida, foron suficientes os ingredentes como para cualificala de tal maneira.
Os ilustres visitantes que se achegaron no día de onte ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado en Ponteceso, eran Gonzalo Rodríguez, que viña acompañado dunha parte da súa familia, a súa esposa María e os seus netos Alejandra e Guillermo.
Gonzalo Rodríguez é empresario, director xeral da Obra Sociocultural Subministracións LAR, mecenas e embaixador da nosa Fundación e o MELGA desde o 17 de xullo do ano 2021. A súa achega, hai que recoñecelo, foi grazas a Tatiana (a súa filla) como a Gonzalo, da magnífica “Exposición ao aire libre da colección: Os xogos e deportes Tradicionais en Murais de Azulexos” e desde esa data atópase situada no exterior do campo de xogos do Centro Cultural do municipio de Ponteceso.
A doazón consistiu en 11 magníficos mosaicos, realizadas polos alumnos e alumnas dos diversos centros escolares da Costa da Morte, que durante un ano escolar “traballaron” incansablemente, plasmando os seus dotes artísticos, cos seus profesores e profesoras á fronte, e así lograr, a través dun concurso final, os premios correspondentes aos seus excelentes traballos. Un proxecto extraordinario e pioneiro no mundo, entre o artístico e o lúdico.
Despois de realizar o percorrido exterior pola exposición dos murais, observando que, despois de catro anos á intemperie, atopábanse en condicións óptimas e ben coidados (aínda sabendo que o tempo non perdoa), a continuación pasamos ao interior do MELGA para acompañar á familia Rodríguez, nunha visita guiada en exclusiva para eles. Para o matrimonio, Gonzalo e María, era a súa primeira vez en visitarnos (xa que o día da inauguración fora imposible polo amplo protocolo) e para Alejandra e Guille era segunda vez en visitarnos pois habían realizada a mesma, cos seus respectivos centros docentes ceenses, en anos anteriores.
Foi tal o entusiasmo dos invitados pola xornada realizada, que nos deixaron unhas afagadoras palabras:
“Moitas grazas pola túa amabilidade e boas explicacións. Ímonos encantados. O Museo é unha fonte de inspiración, que non se está aproveitando. A talla política non está ao nivel disto, é unha pena. Detrás de cada xoguete hai un cúmulo de coñecemento, saber facer e creatividade. O invento do tren sobre imáns é unha mostra. Nós trataremos de achegar a nosa pinga de auga a ese Océano. Un abrazo”
A visita guiada durou preto das tres horas e non se prolongou máis tempo por ter outros compromisos familiares, pero comentaron que repetirán próximamente a mesma. Unha tarde festiva, moi sorprendente e ben aproveitada, escoitando as explicacións do guía, intercambiando pareceres e practicando e “competindo” diferentes xogos entre os presentes, de forma interxeracional.

Español





Leave A Comment