Dous centros de educación especial do Barbanza visitan por primeira vez o Melga de Ponteceso

Medio centenar de alumnos/ as dos centros especiais da comarca do Barbanza, o Colexio Amicos de Boiro (CEEPR) e o Centro de Educación Amicos de Ribeira, desprazáronse no día de onte xoves 23 de xaneiro-20 a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Os dous grupos viñan acompañados polos seus once profesores-titores-coidadores Tatiana Barreiro, Fátima Hernández, Karen Argibay, Laura Tartilán, Javier Jesús Romero, Tessi Romero, Martín Basoco, Cristián Ageitos, Sara García, Iria Hernández e Jaime Vidal que exercía as funcións de coordinador dos grupos.

Dous centros de educación especial do Barbanza visitan por primeira vez o Melga de Ponteceso

O primeiro grupo boirense correspondía ao Centro Ocupacional de Adultos e o segundo ao ribeirense  con alumnos/ as ata os 21 anos de idade. Todos eles pertencen a un grupo especial con diversidade e capacidade intelectual, psíquica e motriz, autismo, parálise e dano cerebral. Foi un gran día moi especial  xa que tanto alumnos como profesores, participaron dunha sesión guiada polo noso director, onde non faltaron, dentro das súas capacidades limitadas, verdadeiras “competicións” en diferentes xogos alí desenvoltos. Foron case dúas horas de entretemento e diversión onde puidemos comprobar a capacidade, entrega e esforzo que realizaron algúns deles para poder realizar devanditos xogos, aínda que sempre foron adaptados ás súas necesidades.

Outra experiencia máis, unha xornada diferente e un grupo verdadeiramente Excepcional!!!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.