O CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo, penúltimo grupo visitante de esta tempada escolar

Como remate de final do curso escolar ,onte xoves 22 de xuño, visitáronnos os dous últimos grupos docentes, ambos da Coruña, en sesión matinal nun número que superaban os 100 escolares. Primeiramente fíxoo o CEIP. Isaac Díaz Pardo de Culleredo (A Coruña) con medio centenar de nenos e nenas de 2º de primaria ( 6 e 7 anos) coas súas profesoras Patricia Silveira, Aurora Díaz e Carmen Rial. O segundo grupo foi o CEIP. Isaac Díaz Pardo da Coruña. A sesión durou algo máis de dúas horas (10,00 h. a 12,15 h.), xa que non disponían de máis tempo, xa que tiñan que desplazarse a Cabana de Bergantiños e a Buño para realizar outras visitas, onde os discentes do centro escolar gozaron, por primeira vez, dunha sesión teórico-práctica no MELGA.  Aínda que a visita foi un pouco rápida, xa que non se poido realizar dos xogos planificados, os comentarios dos visitantes foi amplamente valorada tanto por alumnos/as como profesoras. Varios escolares comentaron: “Ricardo, grazas por facernos tan felices na mellor excursión de final de curso que tivemos ” De igual forma as profesoras daban a súa parecer de pasar un gran momento de recordos, ampliar coñecementos e moita diversión. Todos  os visitantes desexaron que pronto se repetise a experiencia,  para volver cos seus familiares, nalgún campamento urbano de verán ou de novo no próximo curso.  GOZAR DAS VACACIÓNS!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.