A nosa embaixadora de honra visita outro o MELGA tres anos despois

No día de onte sábado tivemos a ocasión de recibir no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), á gran defensora e embaixadora do noso recinto museístico, Maya Álvarez Sotomayor, neta do pintor galego Sotomayor, acompañada do seu esposo o afamado pintor Hernán Cortés, a súa irmá Alicia e o seu cuñado o empresario Francisco e amigos das terras arxentinas, uruguaios e madrileños que se atopan durante estes días pasando unhas vacacións na casa señorial de Sergude, en Xornes parroquia moi próxima a Ponteceso, residencia da nosa embaixadora.

Unha xornada moi especial, como sempre, de intercambios de coñecementos sobre o mundo dos xogos e deportes tradicionais e a arte, as máis das dúas horas e media matinais pasáronse nun “pispás”. Segundo Maya, o museo dera outro cambio máis, xa que desde o ano 2023 que non puidera regresar á cita anual por diferentes motivos, alén da intervención cirúrxica do noso director, asombrábase da cantidade de novas pezas logradas e a distribución de andeis cambiara para mellor, aínda que o espazo, nestes momentos, segue sendo insuficiente para o gran fondo que posúe a Fundación Ricardo Pérez y Verdes.

Durante a visita realizada coa familia Sotomayor, moitos dos visitantes particulares que se atopaban no museo en familia (avós, pais, nais, nenos e nenas cuxa procedencia era de Carballo, Laxe, Santiago, Ferrol, Ourense e A Coruña), uníronse ao guía e ao grupo invitado, para seguir as explicacións pertinentes.

Finalmente a familia Sotomayor desprazouse para percorrer os lugares onde estaban situados os diferentes pintores, esparexidos por toda a vila pondaliana, xa que no devandito día convocárase o “Certame Internacional de Pintura ao aire libre Fernando Álvarez de Sotomayor” do concello de Ponteceso, onde o avó da nosa ilustre embaixadora, era o fundamento dos premios de pintura rápida, nesta ocasión na súa VII Edición da súa convocatoria bianual.

Como de costume a velada foi magnífica e extraordinaria. Segundo comentarios finais dos asistentes a esta sesión, da man do noso director-guía, transmitíronlle que fora espectacular a sesión e que necesitaban máis tempo para profundar en todo o que alí se presentaba. Moitos deles, citáronse para o día seguinte para continuar a visita ao MELGA de novo. E cumprírono a machada algúns deles!

 

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Museo MELGA
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.