A Escola Infantil Xilgaros abre o MELGA para as visitas guiadas deste verán-26

Onte martes recibimos ao primeiro campamento urbano de Carballo deste verán de 2026, este foi un grupo de case unha trintena de campistas desde os 4 aos 7 anos de idade e todos eran alumnos e alumnas da Escola Infantil Xilgaros. Despois de xustamente catro anos de ausencia (07 de xullo de 2022), os excursionistas que se achegaban por segunda vez ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, estiveron asistidos polas súas dúas profesoras/educadoras Rosalía Vilariño e Montse Cundís, representante da actividade e do grupo.

Despois de case tres horas de visita guiada co noso director Ricardo Pérez y Verdes, todos os asistentes desfrutaron do tempo, escoitando as palabras do guía e practicando moitos xogos adaptados ás idades tan temperás dalgúns dos visitantes. Hai que destacar sendo un grupo con diferentes idades e nacionalidades, a xornada foi admirable e moi atractiva para todos, así o comunicaron as súas educadoras. Non houbo nin marcas destacables nos xogos programados, pero en cambio tivemos un vencedor da visita, Noé Eirís de 6 anos de nacionalidade vietnamita, que se levou os agasallos establecidos pola dirección do museo.

“Gustounos moitísimo o MELGA, pois o consideramos moi atractivo, divertido, educativo, cultural e lúdico o recinto museístico”, así nolo transmitiron as súas monitoras-profesoras.

Co inicio do horario de verán-26 do noso museo, este centro escolar de Carballo (A Coruña) ten o privilexio de ser SEMPRE o primeiro campus urbano en visitarnos nestes períodos estivais. Esperamos que este sexa o inicio dun bo verán para que moitos campamentos urbanos ou rurais deixen un día, dentro das súas actividades diarias, para visitarnos e saborear unha sesión de xogos e deportes tradicionais do noso Patrimonio Lúdico e Inmaterial de Galicia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.