Os xogos tradicionáis propostos polo Melga triunfan outro ano máis no barrio coruñés do Castrillón

Por quinto ano o barrio coruñés do Castrillón e a Urbanización Soto “IAR” dos Castros, formulou dentro do seu programa do Festival do Verán da Coruña, un novo encontro de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos na tarde do venres 19 de agosoto pasado de 18,00 a 20,00 h. na praza de Pablo Iglesias, coa axuda e colaboración da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA de Ponteceso.

A sesión lúdica como os anos anteriores, foi masiva por parte dos veciños do barrio e dos barrios lindeiros. Moitísimos nenos e nenas gozaron duns 15 xogos tradicionais galegos programados para a sesión lúdica-festiva. Tamén hai que destacar que devanditos mozos viñan acompañados das súas familias, que non deixaron en ningún momento deixaron de participar nos mesmos. É destacable as persoas maiores que existiron ao recinto para lembrar algúns dos seus xogos preferidos, aínda que algúns non os coñecían. Aínda que estaba programado a sesión para dúas horas, por outras actuacións diversas, a partir das 20,00 h. foi a máxima concentración habida no recinto de xogos, case cando se clausuraba lle sesión, debida a iso a mesma continuou ata as 21,00 h.

Non faltaron xogos como o pau, as andas, a estrela, destacando o “xogo da pesca, a ra e os buracos ”, como os mais aceptados que fixeron as delicias de nenos e persoas maiores. Como novidade desta nova edición, introducíronse os xogos das carreiras de sacos, os buracos e os multiesquies.

Ao final do encontro lúdico, a directiva da Asociación de Veciños e o MELGA, entregaron a todos os participantes, agasallos, obsequios e lambetadas para aqueles que habían participado, como mínimo en dez dos quince xogos seleccionados.

Como sempre hai que destacar ao grupo de voluntarios (persoas maiores membros da asociación) que fixeron das súas orientacións e demostracións sacar algún que outro aplauso dos espectadores e participantes.  E por suposto, resaltar o gran traballo da “alma pater”, como a do secretario da asociación Domingo Verdini, que nesta cita anual, ano tras ano, empéñase que o evento salga sempre á perfección.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.