Este luns 15 de setembro finalizaron as visitas ao MELGA neste período estival

Aínda que o balance deste período estival (15 de xuño ao 15 de setiembre-25), foi positivo en canto ás visitas guiadas e particulares ao noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) poderiamos dicir: “Sen dúbida, mellorable”. 

O motivo da nosa conclusión vén dado porque, imos cumprir o noso décimo segundo ano do noso nacemento como museo (27 de setiembre 2013) e que levamos funcionando a pleno rendemento, vímonos nestes tres últimos anos moi minguados pola situación incomprensible da redución de horarios. Este verán 2025, tivemos aberto SOAMENTE as fins de semana e os días festivos para os nosos visitantes, xa que durante todos os días da semanas do luns a venres, pechamos as portas do museo, por falta de persoal no Centro Cultural.

 Con esta importantísima circunstancia e sen dúbida un verán moi atípico (tempo meteorolóxico, pouca actividade turística pola zona, saúde do noso guía-director etc.)/ etc.) a consideración por parte da nosa entidade foi positiva e satisfactoria, pero…como diciamos anteriormente, posiblemente podería ser máis mellorable, debido ás circunstancias especificadas. 

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), durante este período estival, recibiu as visitas guiadas dos seguintes grupos: CEIP. Vicente Otero Valcárcel (Carral); CEIP. Prácticas (A Coruña); Colexio Privado Jesuitinas I (A Coruña); Colexio Privado Jesuitinas II (A Coruña); CEIP. Ría do Burgo e CEIP. San Francisco Javier. En canto a persoas maiores ou asociacións habemos recibo ao Centro de Maiores COLAXE (laxe); Grupo de Maiores ESPROADE (Ames); o Centro de Día e Hogar Residencial da Laracha e á Asociación Polaca de Galicia. En referencia aos Campamentos ou Campus deportivos de Verán (urbanos ou rurais) recibimos ao Campus Alalá de Cabana de Bergantiños (A Coruña); Campus Multiaventura Concello de Coristanco; Campus Concello de Betanzos e Campus Xunta de Galicia (Santiago Compostela). Ademais participaron de visitas guiadas especiais grupos no Día dá Patria Galega (25 xullo) e o Día da Ascensión de María (15 agosto). 

Procedían os visitantes das seguintes localidades e rexións: de Galicia (Santiago de Compostela, Ponteceso, Corme, Carballo, A laracha, Coristanco, A Coruña, Carral, Culleredo, Ames, Pontevedra, Santa Comba, Arteixo, Ferrol, Cee, Foz, Fenes e Baio). Só dúas provincias A Coruña e Pontevedra. Doutras comunidades de España Vascongadas(Bilbao), Madrid, Andalucía(Sevilla), Santander, Valencia(Gandía), Castela A Mancha (Conca e Toledo), Cataluña (Barcelona), Aragón (Zaragoza), Castela e León (Segovia, Ponferrada e Burgos) e Valencia. En total foron 9 comunidades españolas que estiveron presentes no noso museo. 

En canto á participación estranxeira, este verán foi moi inferior ao ano anterior, pois só recibimos visitantes dos tres países seguintes: Marsella (Bretaña Francesa); Nova York (USA) e York (Gran Bretaña). En total foron 3 países. 

Nos catorce (14) fins de semanas e dúas (2) festivos, que durou a tempada de verán, foi moi pouca a participación cidadá libre ou pola súa conta, moi posiblemente podámola considerar como baixa, aínda que se se tiveron moitas chamadas para os días de semana (luns a venres), das cales non puidemos satisfacer. 

Entre outras actividades destacadas, como todos os veráns, temos os Festivais de Xogos e Deportes Tradicionais ou de Época, destacando o realizado no VIII Festival Castrillón (A Coruña) con motivo das Festas de María Pita e Festa nos Barrios coa Asociación de Veciños IAR (Urbanización SOTO) e finalmente o VI Festival Histórico de Xogos e Deportes na Idade Media (Noites do Medievo) en Riobó (Cabana de Bergantiños-A Coruña). Debemos comentar que este ano, debido á recuperación da intervención cirúrxica do noso guía-director, algúns dos Festivais solicitados, tivemos que renunciar a eles pola situación antes dita. 

No campo da representación institucional, a fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), estiveron presentes nos seguintes acontecementos: Irmandamento co Museo do Ferrocarril e o Museo do Pazo de Tor (Monforte de Lemos); no Simposio Internacional de Xogos Tradicionais e XXIV Asemblea Xeral Europea de Xogos e deportes Tradicionais en Reus e XI Encontro Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais en Aranda de Douro. En varias ocasións participamos en faladoiros dos medios de comunicación oral (radio) como: Radio-Voz; Radio Nordés (Cadea SER), Cope Galicia, Radio Coruña etc.

 

En canto ao apartado de doazóns e adquisicións que tivemos durante estes meses de vacacións foron: unha ballesta de madeira, 4 quebracabezas educativos e 3 bonecas de época de Marco e Lola Pérez e varios xogos de construcións dos irmáns Xana e Pablo Pérez. Como se poderá comprobar as doazóns son sempre escasas. 

Como de costume o noso director “pateou “ por toda Galicia aquelas feiras de antigüidades, almonedas ou vintage, que se realizan nas diferentes cidades de España (Asturias, Castela e León e Estremadura) e abrigo Galicia (Melide, Narón, Betanzos, A Coruña, Miño, Muimenta) para localizar esas pezas ou obxectos que despois se expoñerán nas vitrinas do museo. As adquisicións de pezas, nesta ocasión, foron en grao sumo variado, desde buxainas, reclamos, mazas de ximnasia, coches de papel, pelotas de goma, mancuernas, xogos de centenar de pezas antigas taboleiro de madeira, xogo de argollas, buxaina xigante, perinolas etc. O máis destacada foi un pinball de mesa, de tamaño mediano, de acrílico dos anos 60. En total foron nesta etapa unha vintena de obxectos antigos e modernos. 

Como RESUMO debemos destacar o seguinte: 

  • Foron 13 xornadas guiadas cun total de case 1.000 persoas (938), dos cales na súa maioría foron da nosa Comunidade Autónoma (90%) e foráneos un 10 %. 
  • Os visitantes mensualmente distribúense así: mes de xuño 460 persoas, mes de xullo 217 persoas, mes de agosto 201 persoas e o mes de setembro 60 persoas. 
  • O pódium do número de persoas galegas que nos visitaron foron: A Coruña en primeiro lugar con 487 persoas, en segundo lugar Ames con 90 persoas e en terceiro lugar Culleredo con 80 persoas.
  • En sétimo lugar aparece o noso concello Ponteceso-Corme con 17 persoas visitantes. 
  • En canto a outras comunidades, os tres primeiros postos foron para a Comunidad de Madrid con 37 persoas, segundo a Comunidade Valenciana con 12 persoas e en terceiro lugar Castela e León con 9 persoas. 
  • En canto ás visitantes estranxeiros Francia levou a primeira praza, Gran Bretaña a segunda e en terceiro lugar Estados Unidos. 
  • Nos Festivais realizados, que foron dous (2) en total, pasaron polos nosos xogos preto 600 persoas aproximadamente. 
  • Nos catorce (14) fins de semana, visitaron turistas pola súa conta o MELGA un centenar de persoas (98). Representantes galegos 840 persoas e outros países 11 persoas. 
  • Un total de máis de 1.600 persoas aproximadamente, seguramente poderían ser máis, participárona de forma directa de persoas (nenos, novos, maiores etc.)/ etc.) que asistiron dunha maneira ou outra, das actividades lúdicas estivais programadas. 
  • A nota curiosa deste período estival, foi que batemos a marca do visitante máis lonxevo que nos visitou durante estes case 12 anos de funcionamento do MELGA, nin máis nin menos, que recibimos á pontecesá Otilia de Balarés que cumprira os 100 anos facía unha semana. Felicidades! 

 

Para a dirección do museo, este verán aínda que foi razoable, non estamos satisfeitos do todo, xa que a situación existente durante estes tres últimos anos da falta de persoal, mingua moito das esperanzas e expectativas que se tiñan, para este ano 2025. Con toda sinceridade, cremos que é unha gran pena que a sociedade civil galega non saiba valorar o “cultural” que dispoñemos nos seus territorios. De todos os xeitos, non nos atopamos satisfeitos pola marcha dos acontecementos e pola falta de aspiracións futuras.

Grazas a todos, pola vosa colaboración e apoio á nosa modesta institución o MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.