Experiencia interxeneracional: Visitan o Melga abós e aboas y netos/as do centro o Berce Escuela Infantil Los Gosendes de Arteixo

Medio de centenar de persoas conformaban o grupo O Berce Escola Infantil os Gosendes de Arteixo que, onte mércores 19 de decembro, foron recibidos no MELGA, para acompañalos a realizar unha visita guiada ao museo do xogo e o deporte de Ponteceso. Os compoñentes do mesmo, formábano nenos e nenas de poucos meses, algúns aínda nos seus carriños e ningún superaba os 3 aniños, os avós e avoas (entre os 55 e os 65 anos) e todos eles coordinados por Lorena Souto que exercía de organizadora da actividade.

 

O Berce Escola Infantil os Gosendes de Arteixo

 

Foi unha experiencia nova (interxeracional) en canto a visitas guiadas tidas ata o momento, pois na maioría das ocasións dentro dalgún grupo había algún “peque” pero nunca nesta proporción tan numerosa e ao mesmo tempo. Hai que destacar que a duración da visita foi menor, pois as circunstancias así o determinaban, pero hai que sinalar, tanto nenos como avós, participaron e practicaron con algúns xogos adaptados de lanzamentos, de precisión, e sempre compasados con cancións e sons. A hora e media de percorrido pasouse rapidamente. Tamén hai que agradecer a todos os avós e avoas a paciencia, entrega e agarimo que depositaban neles, explicándolles e lembrándolles de novo todo aquilo que iamos observando nas vitrinas das salas. Prometeron, os avós e avoas, en volver pronto ao museo pero na próxima ocasión, tamén acompañados dos seus pais e nais.

Con este grupo tan especial, damos por finalizadas as visitas guiadas programadas por este ano de 2018. Só esperamos que nestas vacacións do Nadal de final de ano e comezo do 2019 sígannos visitando moitas mais persoas de forma xeral ou grupal. Felices Festas¡

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.