O CPI. Dr. López Suárez do municipio do Escairón. O Saviñao (Lugo), no día de onte (18/06/26), por primeira vez achegáronse a Ponteceso, para coñecer cunha visita guiada, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), pero tamén, teñen a honra de clausurar, por este curso escolar 2025-26, as visitas guiadas ao mesmo.
O grupo compoñíano medio centenar de mozos de 2º-3º e 4º curso da ESO, con idades comprendidas entre os 12 e 15 anos de idade. Todos eles viñan acompañados polas súas profesoras-titoras Ana Íria Díaz, Esther Rodríguez e Patricia Varela, que exercía de coordinadora e representante do grupo na visita.
Debido á gran distancia desde Escairón-O Saviñao a Ponteceso, case dúas horas e media de traxecto, como era de supoñer, a visita acurtouse moitísimo, pero a pesar diso, púidose realizar unha rápida visión xeral das dúas salas do museo, nas preto de dúas horas dispoñibles para a mesma (12,00 h. a 14,00 h).
Non se perderon a “Exposición ao aire libre de Murais de Azulexos sobre os Xogos Tradicionais Galegos”, os visionados do “Himno” do MELGA e “Cantamos: xogos populares” do cantautor Luís Vallecillo e o percorrido polas dúas salas expositivas. Faltaron moitas cousas por explicar, pero o máis importante. Foi que o desfrutaron con gran atención, probando, tanto alumnos/as como profesoras, algunhas das habilidades lúdicas a través da práctica dos xogos seleccionados para a ocasión. Sen dúbida, os xogos máis adictos entre os adolescentes, foron os de forza e loita, aínda que non deixaron de realizar xogos de precisión e habilidade. Outro dos xogos atraentes, sen dúbida, foi o futbolín de Alejandro Finisterre, que temos na segunda sala do museo. Pola nosa banda, o gran pesar, foi o escaso tempo dispoñible, pois algúns dos asistentes non puideron exercitarse en todas as prácticas seleccionadas.
Despois da visita guiada, moitos dos alumnos/as e profesoras, deixaron o seu sinal no “Libro de Visitas” do museo, plasmando coas súas palabras o acertado da visita, o gran museo que presenciaran e o pouco tempo dispoñible para desfrutalo. Finalmente, desde o MELGA desprazáronse ao Piñeiral de Balarés para repoñer forzas cun almorzo campestre e ao mesmo tempo, pegarse o primeiro “mergullo” nas augas frías da nosa praia pontecesá.
Grazas pola vosa visita! Desexámosvos excelentes notas e felices vacacións!
Ata a próxima!


Español





Leave A Comment