Germán Rodríguez Conchado doa á Fundación unha valiosa colección histórica do Deportivo da Coruña

Esta primeira fin de semana do mes de xullo de 2026, a Fundación Ricardo Pérez y Verdes recibiu unha doazón, que poderiamos cualificar de excepcional, xa que se trata dunha vintena de imaxes de diferentes formacións do equipo do Real Club Deportivo da Coruña, desde o 1906 (data do seu nacemento) ata os anos 60 do século pasado.

A doazón correu a cargo dun dos nosos patróns da Fundación Ricardo Pérez y Verdes, o afamado letrado coruñés Germán Rodríguez Conchado, avogado en Santa Comba e A Coruña, no seu haber máis de 40 anos e durante moitas tempadas, apoderado e xefe dos servizos xurídicos do Real Club Deportivo da Coruña na época do presidente César Augusto Lendoiro.

As fotografías enmarcadas coas devanditas aliñacións, vemos reflectidos moitos dos grandes xogadores históricos deste club, cos seus 120 anos ás súas costas, así a de Llanos, Blanco Rajoy, o olímpico Luis Otero, Ramón González, Manuel Rivera, Chacho, Juan Acuña, Eduardo González Valiño (primeiro coruñés en xogar unha Copa do Mundo en 1934), o porteiro “Xanetas”, Chao, Pedrito, Elícegui, Reboredo, Ponte, Botana, Guimaráns, Moll, Tino, Rafael Franco, Corcuera, Oswaldo, Veloso, o gran Amancio Amaro… e tanto e tantos outros.

Estes documentos gráficos históricos, xa no noso poder, e expostos todos eles na “Galería de Deportistas”, na sala II do noso museo, onde os visitantes xa os poden observar “in situ”. Queremos facer partícipes a todos os nosos usuarios, que o Museo do Real Club Deportivo da Coruña (recentemente inaugurado), solicitounos en calidade de préstamo, devanditas fotografías para dixitalizalas e posteriormente expoñelas nas súas vitrinas.

Só nos queda agradecer ao noso amigo e compañeiro Germán pola súa achega, que dun xeito xeneroso e altruísta, quixo que ditas históricas fotografías se atopen entre os fondos museísticos da Fundación RPyV e que poidan ser expostas no noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA).

Germán, tamén aportou á Fundación un xigante saco de punching-ball de boxeo de teito, un par de combas individuais dos anos 40 e varios balóns medicinais de pesos diversos.

Gratitude pola devandita achega e inmensamente ditosos por posuír no noso museo esta “reportaxe gráfica” da nosa Historia deportiva coruñesa.

Detalle de la donación de Germán Rodríguez Conchado de cuadros de alineaciones del deportivo de la coruña

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.