A área de Deportes do Concello de Vilalba (Lugo) visita por primeira vez o Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) de Ponteceso

No seu campamento de verán deste ano 2018, a área de Deporte do concello de Villalba (Lugo), programaron dentro da súa planificación anual, unha vinda a Ponteceso para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e de paso, coñecer os arredores e lugares da vila pondaliana.  Preto de oitenta nenos e nenas do municipio villalbés, en idades comprendidas entre os 4 e 12 anos de idade, viñeron acompañados polos seus oito monitores/ as, Ivan Rodriguez, José Manuel Peón, Tamara Cardoso, Noemí Trastoy, Vanessa Bruzos, Vitoria Ares e Francisco Roca, baixo a coordinación do licenciado Félix Prieto, un ex-alumno do director do MELGA da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña, nestes momentos director técnico de deportes do concello, que despois de preto de quince anos volveron  reencontrar.
Aínda que a visita programada tiña unha duración de tres horas, pero…por motivos “mareantes” dalgún dos excursionistas, tiveron que facer varias paradas antes de chegar a Ponteceso, atrasando a hora prevista. En total a visita finalmente resolveuse en apenas dúas horas, aínda que desexaban prolongala con máis tempo polo ben que o estaban pasando, pero non puido ser, xa que o grupo tiña pensado e así o fixo, visitar a Casa Pondal, Monte Branco e xantar no Piñeiral de Balarés, como lle programabamos e orientado desde a dirección do museo.
En canto á sesión teórico-práctica, tanto alumnos/ as, como de monitores/ as e técnico, participaron intensamente nos xogos e deportes tradicionais, realizando varios concursos e retos, e participando tamén con preguntas e curiosidades que lle “cravaban” ao guía do museo, para  que lles dese a solución ás súas curiosidades e interese. Despois do final do percorrido Ricardo Pérez e Verdes, fixo entrega a Allen López de 9 anos, dunha colección de peonzas artesás, para que con elas iniciásese no coleccionismo lúdico tradicional, por ser o que máis acertos obtivera en preguntas e retos de xogos gañados durante as dúas horas de visita guiada. Aínda sendo o grupo moi numeroso e idades moi diferentes, o comportamento e atención foi máxima por parte dos campistas e por iso destacámolo, felicitando a todos, do mesmo xeito que aos seus acompañantes.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.