A doutoranda Manuela Vázquez Coto presenta no Melga un taller de xogos tradicionáis da Natureza e da Reciclaxe

Despois de intensos catro días da Semana do V Aniversario da Fundación e o MELGA, e onte xoves 27 o Día Grande, hoxe venres día 28 corenta alumnos e alumnas de 6º de ensino primario, con idades comprendidos entre os 10 e 11 anos de idade do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, acompañados polos seus profesores-titores, iniciouse outra xornada máis do V Aniversario na Biblioteca Municipal do Centro Cultural, onde está situado o MELGA, para realizar un taller de xogos e xoguetes tradicionais da natureza e de reciclaxe.

A dirección do taller correu a cargo de Manuela Vázquez Coto, licenciada en Ciencias do Deporte e a educación física, especialista en manualidades populares e tradicionais galego e na actualidade alumna do terceiro ciclo, próxima a ler a súa tese doutoral sobre un xogo galego feminino descoñecido, chamado a “ bugalliña”, procedente de Carballeira de Avia (Ourense).

Con case tres horas de entretemento, que a todos os alumnos pareceulles pouco, non deixaron de realizar buxainas, perinolas, xogos de enxeño, zumbóns, figuras de animais, muíños de vento, etc. feitos con materiais como landras, bugallos, escarvadentes, pajitas, chapas, cartóns, tapóns, boliñas, cds., papeis,… que tanto docentes como discentes, gozaron por primeira vez, dos devanditos artefactos lúdicos, comprobando o seu efecto ao instante, como bailando un peón, unha perinola, uns chinitos colgantes, descubrindo o truco do xogo de enxeño africano de cartón ou os muíños de vento de papel. Unha práctica entretida, instrutiva e didáctico-pedagóxica.

Ao finalizar a xornada, Ricardo Pérez e Verdes, fíxolle entrega a Manuela, unha placa conmemorativa, pola súa colaboración ao desenvolvemento deste evento do V Aniversario, ademais de outorgarlle o pin do MELGA, como membro de Honra da nosa institución museística.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.