A Sociedade Cooperativa Galega Medioambiental CEM de Culleredo visita o Melga de Ponteceso

Unha trintena de campistas da Sociedade Cooperativa Galega Medio Ambientas Cem de Culleredo (A Coruña), desprazáronse onte pola mañá, facendo un alto no camiño, para realizar unha visita guiada ao Mueso Etnolúdico de Galicia (MELGA).

Nesta ocasión o grupo correspondía ao municipio de Oleiros (A Coruña), que se atopaban no Albergue de Cabana de Bergantiños, disfrutanto dunha semana de actividades relacionados co medio ambiente. As idades dos excursionistas estaban comprendidas entre os 12 e 16 anos de idade e viñan acompañados dos seus educadores ambientais (biólogos) Pedro Hermida, Marta Sánchez e Charo González que exercía as funcións de representante do grupo.

A Sociedade Cooperativa Galega Medioambiental CEM de Culleredo visita o Melga de Ponteceso

Cunha duración de aproximadamente dúas horas de percorrido polas salas do museo, todos eles, atentamente escoitaron todas as explicacións que o guía lle transmitía e a continuación realizaron, tanto alumnos/ as como profesoras, unha práctica de xogos tradicións. Aínda que a visita foi moi rápida e curta, a visión que levaron da mesma, segundo os seus comentarios, foi moi frutífera e moi satisfactoria. Ningún dos asistentes estivera no MELGA.

Despois da visita guiada todo o grupo desprazouse a Ponteceso para realizar o Roteiro Pondaliana. Unha mañá intensa e diferente ás mantidas, sen dúbida, no Albergue onde se hospedan.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.