Alumnos e profesores do CRA. Os Remuiños de Cabana de Bergantiños visitan por primeira vez o Melga

Preto de unha corentena de alumnos/as do CRA. Os Remuiños do concello de Cabana de Bergantiños e oito profesores dirixidos pola súa directora Sonia Garrido, visitaron por primeira vez, aínda estando tan preto de Ponteceso, as instalacións do Centro Cultural onde está situado o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), para desenvolver unha visita guiada. As idades comprendidas dos “ilustres” visitantes, estaban entre os 3 e os 6 anos. A sesión matinal estivo dirixida, como sempre polo director do centro, desenvolvendo en dous partes a visita, nun principio a primeira sala, un descanso para repoñer forzas e unha segunda visita a segunda sala. Finalmente o grupo fixo unha visita á sala de exposicións do centro, todavía aberta ao público, onde se atopan situadas as mostras do Día do Peón en Galicia, “Xira e xira”, as coleccións privadas de este xogo milenario de Ángeles Lence, Rosario Español y Ricardo Pérez y Verdes, coleccións de gravados, fotografías e bibliografía sobre as peonzas, traballos dos participantes dos obradoiros e rematando a visita con unha demostración práctica “bailando” os diferentes peóns, trompos, perinolas e perindolas  alí expostos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.