A Cruz Vermella de Vimianzo realiza unha excursión a Ponteceso

Unha trintena de nenos e nenas do campamento urbano de Semana Santa, que organiza A Cruz Vermella de Vimianzo, desprazáronse onte martes día 11 de abril, ao concello de Ponteceso, para gozar dunha mañá impregnada de cultura e xogo, visitando, por primeira vez, as instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Todos eles viñeron acompañados polos seus monitores Alejandra, Juan e Fátima, que coordinaba a actividade. O grupo era moi heteroxéneo, xa que as súas idades estaban comprendidas entre os 6 e os 12 anos.  A xornada matinal dedicárona a escoitar as indicacións que o director do centro transmitíalles sobre os xogos e deportes tradicionais e a súa historia, así como a realización da práctica de numerosas actividades lúdicas dentro e fóra do recinto museológico. Un momento diferente dentro das múltiples actividades levadas a cabo durante o campamento. Segundo os seus monitores, quedaron tan amplamente sorprendidos da actividade desenvolvida durante a sesión teórico-práctica e digno en coñecelo, que no próximo verán, seguro, que volverán repetir a experiencia tan enriquecedora. Rematada a visita ao MELGA, todolos componentes do grupo, se trasladaron a casa de Pondal, Monte Branco e plaia de Balarés en un percorrido turístico da zona.

Como nota destacada, no comezo das vacacións de Semana Santa, durante a visita guiada achegáronse tamén varias familias de pais, avós e netos da provincia da Coruña ( Ferrol, Camariñas, Arteixo e A Coruña), para facer unha visita persoal polas salas do museo; nalgún instante da visita, os turistas uníronse ao grupo de nenos/as  e intercambiaron experiencias con eles da súa infancia e adolescencia.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.