Dende Pontevedra a Ponteceso para visitar o MELGA

Hoxe foi un deses días que quedan presentes na memoria por moito tempo. O motivo non é outro que recibir a un grupo de persoas maiores, que eran a metade do pobo en desprazarse (pois no último censo poboacional superan por pouco as 100 persoas (114 habitantes) e que despois de case dúas horas de viaxe desde Pontevedra a Ponteceso, atopábanse moi ilusionados por coñecer o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), do cal lle falaban moi ben algúns amigos e familiares.

Formaban o grupo máis de medio centenar de persoas todas elas en estado de “xubileu”, cuxos anos estaban comprendidos entre os 65 e 80 anos de idade, procedían da parroquia de Rebordechán do concello de Crecente na comarca de Paradanta da provincia de Pontevedra. Todos eles eran socios da Asociación Cultural e Veciñal Amizade e viñan acompañados por Manuel Adriano Gómez Vázquez, que era o representante do grupo e organizador daactividade.

Aínda que a dispoñibilidade de tempo para a visita ao museo, nun principio o organizador do acto dispuxo que máximo de tempo sería só unha hora, a mesma prolongouse un pouco máis de dúas horas, onde Ricardo Pérez y Verdes en nome do alcalde, do Padroado da Fundación RPyV. e da dirección do MELGA, deu a benvida a todos e a continuación percorreuse na súa totalidade, aínda que un pouco acelerados, a exposición ao aire libre dos murais de azulexos de xogos tradicionais da Fundación LAR de Cée, os vídeos de promoción de Ponteceso, o himno do MELGA e as dúas salas expositivas que contén o noso museo.

É digno destacar a gran participación de todos os compoñentes, pois tanto na parte teórica como na práctica, non deixaron pasar nada por Alto, “bombardeando” a preguntas e “retando” ao noso director en todo o que alí se propoñía. Un grupo de maiores excepcional. Moitos
deles, expresaban que fose mellor pasar soamente un intre máis no museo e deixar un pouco aparcados as outras actividades programadas pola zona para a xornada vespertina.

Algúns dos presentes finalizada a visita guiada asinaron no Libro de visitas expresando o agradecemento a Ricardo, rememorando e lembrando emocionalmente aqueles momentos tan felices da súa infancia e adolescencia, comparando a diferenza existente entre este museo do xogo e do Deporte en Ponteceso (A Coruña) co museo do xoguete de Allariz (Ourense) (xa que neste estiveran facía pouco tempo nel), que non existía “cor” (algo esaxerado), etc… pero o que se estaban seguros é que, fora unha “gozada” o momento pasado no noso museo.

Comprometéronse a volver de novo no verán, con máis tempo e se é posible cos seus amigos e familiares. Sen dúbida Un gran día pasado no MELGA!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.