Día de la Billa en Ponteceso

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), convocan a todos os “billardeiros” da Costa da Morte e a todos os afeccionados, a este ancestral deporte tradicional da billarda, ao II ABERTO DE BILLA DE PONTECESO e ao mesmo tempo, a competir na última XORNADA (XIIª) DA CONFERENCIA NOROESTE da liga Nacional de Billarda (LNB), na que, os dez mellores clasificados do torneo, masculino como feminino, terán acceso directo a participar na Gran Final Galega, que levarse a cabo no GAIAS de Santiago de Compostela, o domingo 5 de xuño.

O evento dará comezo ás 11,00 h. do próximo domingo 22 de maio no campo de xogos exterior do Centro Cultural de Ponteceso (MELGA). A inscrición finalizará o xoves día 20 de maio ás 20,00 h. Todos os participantes deberán recoller o regulamento do xogo e presentarse co seu palán e billa(obrigatorio) antes do comezo do evento.

A xornada non se suspenderá, aínda que as inclemencias do tempo non nos sexan propicias, xa que de ser así, a competición dirimiríase no Pavillón Municipal Cuberto do concello de Ponteceso.

Animamos a todos a participar do Día da Billa en Ponteceso. Esperámosvos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.