O CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha apúntanse a dúas visitas guiadas nun mes

Entre os meses de novembro e decembro do presente ano 2018, o CEIP. Ramón Otero Pedrayo da Laracha, visitáronnos, en dúas ocasións, para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA). Na primeira sesión realizada (12 de novembro) foron os alumnos/ as de 1º e 2º de primaria (6-7 anos) e onte (12 de decembro) foron preto de setenta discentes de 3º de primaria (8 anos) que viñan acompañados polas súas profesoras Sandra Campos, Luisa Túñez, Marta Forte e María Rodríguez que exercía de representante do grupo.

O percorrido polas salas expositivas tivo unha duración superior ás tres horas, onde todos os visitantes recibiron os coñecementos adecuados ás súas idades sobre os xogos e deportes tradicionais, a historia dos mesmos e presenciaron a exposición de peonzas aínda aberta, soamente a grupos que nos visitan. Entusiastamente, un grupo excepcional, participaron practicando os diferentes xogos galegos, xogos doutras comunidades autónomas españolas e do mundo.

Ao final da sesión lúdica, cantouse “O cumpleaños feliz” á nena Alejandra Sánchez que casualmente cumpría anos ese mesmo día. Só faltou a torta para que soprase as súas 9 velas, a dirección do centro emendou devandito protocolo, obsequiou con unha selección de peonzas e trompos, para que se iniciase na súa futura colección.

Todos “querían mais e mais” horas de estancia no museo, pois non desexaban marcharse. O xogo, a diversión e a felicidade demostrada da súa estancia matinal entre xoguetes, xogos e entretementos, así o demostraban. Pódese dicir que faltaron follas no “caderno de visitas”, pois todos querían poñer algo deste día inesquecible pasado no MELGA de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.