Escolares do C.P.P.I. dos Dices de Rois viaxan a Ponteceso para visitar o Melga

Por primeira vez o municipio de Rois (A Coruña), está presente no Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), a través do centro escolar C.P.P.I. Dos Dices, con corenta nenos e nenas de entre os 10 e 11 anos. Viñeron acompañados polos seus titores/ profesores/as  Isabel Seco, Xosé Mº  Duyos e  José González.

Despois dunha intensa mañá de visita guiada, con case tres horas de aprendizaxe e entretementos, deleitáronse das informacións transmitidas polo guía,  así como competiron na práctica de diferentes xogos tradicionais de Galicia e do mundo, tanto alumnos/as como profesores/as.  Os premios concedidos, pola  atención e acertos da visita, leváronllos os alumnos de 11 anos de idade, Sara Barreiro e Nicolás Davila.

En canto aos profesores comentaron: “Que viñan á visita cunha advertencia  da súa dirección e non era outra, que a de observar como resultaba a mesma xa que de ser atractiva, instructiva e cultural, dita xornada repetiríana en anos sucesivos con alumnos/as de diferentes ciclos da escola”. Parece ser,  que a nota obtida foi  eloxiada por todos os visitantes, cuestión que nos congratula.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.