Novo horario do Melga para esta Semana Santa

Debido á gran demanda existente nos últimos anos, por estas datas de vacacións e festas de Semana Santa, informámoslles e poñemos en coñecemento a todos os posibles visitantes ou usuarios que desexen achegarse a o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado no Centro Cultural do Concello de Ponteceso, que os horarios ao recinto museístico, sufrirán algunhas modificacións e que serán as seguintes:

ABERTO:

Os días 03-04 e 05 Abril-23 (luns, martes e mércores) en horario de mañá de 10,00 h. a 14,00 h.
Os días 06-07-08 de Abril-23, (xoves, venres e sábado) en horario de mañá de 10,00 h. a 14,00 h. e de tarde de 16,00 a 20,00 H.
O domingo abrirá soamente de mañá de 10,00 h. a 14,00 h. Último pase de visitas será ás 13,00 h. e as 19,00 h.

PECHADO:

As tardes dos días 03-04, 05 e 09 de Abril-23 (luns, martes, mércores e domingo)

OBSERVACIÓNS: 

As persoas que desexen realizar unha visita guiada o xoves, venres, sábado e domingo, poderán solicitar unha cita previa con 7 días de antelación e conformando un grupo como mínimo de 15 persoas. O horario establecido para este caso, será de 10,30 h. ata as 13,30 h.
Os interesados en coñecer máis detalles, poden solicitar información en info@museomelga.com ou ricardoperezyverdes@gmail.com ou nos teléfonos 981 715 442 e 661 290 246.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.