Nova experiencia no Melga: intercambio escolar

Máis dun centenar de alumnos/as de dous centros escolares da zona bergantiñá, por unha banda o CEIP. Gándara-Sofán de Carballo e polo outro o CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso, onte venres en sesión matinal, asistiron conxuntamente ao MELGA para realizar unha visita guiada.

Todos os compoñentes do grupo, 40 alumnos/as do centro carballés e 60 alumnos do centro pontecesano, cos seus profesores e titores ao mando, correspondían a 3º e 4º curso de primaria (8 e 9 anos). A duración da xornada alongouse máis aló das tres horas (10,30h. á 13, 45 h.) onde todos, ao mesmo tempo escoitaron as explicacións, ensinos e curiosidades do que alí se expoñía, realizando mutuos intercambios de preguntas e respostas entre ambas as partes, sempre dirixidas polo director do centro museístico, competendo ao máximo entre a “pena” en sabedoría, coñecementos, práctica de xogos, competición e intercambio persoais de experiencias lúdicas.

 

 

De igual maneira os profesores fixeron o propio. Nalgúns momentos os concursos e retos realizábanse entre os centros e noutras ocasións por grupos combinados de ambas as escolas. A todos, sen excepción, pareceunos unha pioneira experiencia inusitada de convivencia, aínda que se queixaron de que necesitaban de moito máis tempo para sacarlle moito mais o “mollo” ao ensaio desenvolvido. Algúns alumnos/as preferían , comentáronnos os seus profesores e persoalmente, “quedar sen xantar e seguir a sesión ata a tarde”, aínda que se responsabilizaron a volver prontamente a visitarnos de novo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.