Máis de un cento de persoas maiores do Concello de Bergondo A Coruña realizan una excursión ó Melga de Ponteceso

Un grupo de sesenta persoas maiores, dentro da programación cultural do Concello de Bergondo da Coruña, realizaron a excursión anual, no día de hoxe para visitar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Ao mando do devandito grupo, ademais dos seus concelleiros e técnicos de cultura, turismo e Deportes, viña a súa alcaldesa Alejandra Pérez Máquez, que como un membro máis do grupo, seguiu as explicacións dadas polo director do museo Ricardo Pérez e Verdes, durante as dúas horas e media que durou a visita guiada. Como de costume, todos os compoñentes do grupo realizaron unha práctica de xogos e deportes tradicionais de Galicia e do mundo, acabando nalgún momento da sesión práxica “picados” por querer  conseguir os mellores resultado que o compañeiro/a. Moi competitivos! Grandiosos!

“Ademais de observar e coñecer os recunchos máis belos do concello, Monte Branco, praia de Balarés, Casa de Eduardo Pondal, etc… a gran sorpresa levoulla todo o grupo en xeral, e , ela en especial, o saber que en Galicia existe un recinto museístico impresionante e moi pouco coñecido por todos os galegos, seguramente por falta de difusión e promoción… e desexando que se eles tiveran ocasión de velo (persoas maiores), prontamente organizarían unha nova visita, pero neste caso, coa maioría dos nenos e nenos do Concello, porque estaba segura que lles ía a encantar polo contido e o orixinal do mesmo”

A introdución e presentación da visita realizouna, ademais de exercer como anfitrión, o noso alcalde Lois García Carballido, que tivo a ben o acompañarnos, por algúns instantes, pola primeira sala do museo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.